11 DÍAS. 11. PARA BORRAR DO MAPA A ISRAEL

Declaracións do Comandante do exército iraniano Xeneral Ataollah Salehi: "Tomaranos 11 días borrar do mapa a Israel"

A continuación preséntanse as declaracións do comandantes do exército iraniano, dun informe da televisión o cal foi posto ao aire en LBC TV o 3 de maio, 2009. Para ver este segmento de vídeo en MEMRI TV, visite http://www.memritv.org/clip/en/2099.htm.

"Non creo que necesitemos máis de 11 días para borrar do mapa a Israel"

Voz sobreposta: "Nada pode previr que os mísiles iranianos dean no albo no corazón de Israel, se Irán é suxeita a un ataque militar por Israel. Ésta foi a resposta dos comandantes militares iranianos ás declaracións israelís sobre un posible ataque militar contra Irán, debido á súa insistencia en obter enerxía nuclear. Aínda así un ataque [israelí] parécelle improbable aos iranianos, porque Tel Aviv non ten a habilidade de ir tras unha guerra con Teherán".

Xefe de Persoal iraniano Xeral Hassan Firouzabadi: "Estamos totalmente preparados para confrontar calquera ataque que ameazaría os intereses de Irán. Temos os medios suficientes e a forza necesaria para defender o noso territorio".

Xeneral Ataollah Salehi, comandante xeral do exército iraniano: "A verdade é que Israel non ten a coraxe de atacarnos. Se somos obxecto de calquera ataque por Israel, eu creo que non necesitaremos máis de 11 días para borrar a Israel do mapa".

Voz sobreposta: "Teherán nega que as súas preparacións militares estean apuntadas a atacar a algún país veciño. Irán xustifica a súa preparación militar como un medio para defender a Irán e á rexión, a cal poida aliviar os medos e preocupacións dos países na rexión". "As nosas capacidades militares non teñen o propósito de ameazar aos países veciños -senón só defender a Irán"

Xeneral Yahya Rahim Safavi, conselleiro do xefe de Khamenei en asuntos militares: "As nosas capacidades militares non teñen o propósito de ameazar aos países veciños, senón só defender a Irán. Irán esfórzase pola paz, a seguridade e a estabilidade cos países na rexión".

Xeneral Reza Pourdastan, comandante do exército iraniano das forzas terrestres: "Os países veciños poden estar seguros que por ningún medio nós atacaremos a algún país".

Voz sobreposta: "Pero o medo polos mísiles de Irán continua, especialmente entre os países occidentais, preocupados de que Irán puxese armar os seus mísiles con ojivas nucleares, xa que as superpotencias dubidan que o programa nuclear de Irán sexa pacífico. Isto é negado categoricamente por Teherán, que di que segundo o shari'a e a lei, está prohibido obter unha bomba nuclear".

Comentarios