OMAR SHARIF E O PASADO


O celebre actor exipcio Omar Sharif ven de afirmar que foi el o responsábel de reunir ao entón presidente exipcio, Anwar Sadat, e ao ex-primeiro ministro israelí, Menachem Begin, na histórica visita de Sadat a Israel en 1977. Nunha entrevista esta semana para o principal sitio de noticias exipcio, o actor do Doutor Jivago ou Lawrence da Arabia dixo que Sadat, chamouno e pediulle para contactar con Begin e preguntarlle como sería recibida unha visita súa a Xerusalén. Conforme Sharif, el telefonou a Begin que o informou de que Sadat sería recibido como o "Mesias". A reunión foi un enorme éxito e levou aos Acordos de Camp David, en 1978, e máis tarde ao tratado de paz entre Israel e Exipto, en 1979. Non hai confirmación oficial nin por parte israelí nin por parte exipcia de se a historia contada polo xenial actor é certa, ou se este lendario actor está escribindo o seu propio script.

Comentarios