O QUE LIN:
Hai uns días lin un artigo, que se atopaba non na primeira páxina do xornal senón nunha páxina interior, acerca da loita do goberno de Sri Lanka contra os "Tigres de Tamil", unha organización terrorista que quere establecer un estado separado no nordés da illa. O artigo mencionaba que 6,500 (Seis mil cincocentos) civís morreran nas loitas durante os últimos tres meses, que 100,000 civís fuxiran da zona de batalla a semana pasada, e están agora en campos de refuxiados, e que outros 50,000 civís están desesperados por escapar, pois carecen de comida, auga, e medicamentos. O goberno de Sri Lanka acusa aos rebeldes de usar aos civís como escudos humanos.
O QUE NON LIN
O que non lin ese día e nos días subseguintes, no mesmo periódico e noutros xornais, foron artigos informando das manifestacións de protesta en Europa de miles de persoas, portando cartaces, denunciando a morte de 6,500 civís, comparando ao goberno de Sri Lanka cos nazis. Non lin editoriais esixindo un inmediato cesamento do fogo. Tampouco vin comunicados dos indignados académicos da Gran Bretaña pedindo boicotear a Sri Lanka. A razón pola cal estes eventos non foron mencionados nos nosos xornais é que porque non sucederon: non houbo manifestacións de protesta, non se publicaron editoriais, ningún académico británico considerou necesario pedir que se boicotee a Sri Lanka, e, cando menos até este momento, a dramaturga británica Caryl Churchill non escribiu unha obra titulada "Sete nenos de Sri Lanka", a pesar de que as 6,500 vítimas civís de Sri Lanka constitúen un número 15 veces maior ao número de civís palestinos que desgraciadamente morreron na pasada Guerra de Gaza, conflito que si provocou manifestacións, comunicados, editoriais e demandas de boicot.
A que se debe a diferenza?
A explicación atópase na frase que provén do folclore xudeu: Non é o amor a Hamán (é dicir aos palestinos) senón o odio a Mordecai (é dicir aos xudeus) o que motiva as manifestacións de protesta, os editoriais, os comunicados, os peticións de boicot, e as obras de teatro antisemitas. No caso de Sri Lanka non hai xeito de culpar aos xudeus. Polo tanto, o conflito en Sri Lanka o único que provoca no mundo occidental son cómodos bostezos.
Comentarios