Por Olvido Gara (Alaska)
.
Os titiriteros stalinistas volveron a facer gala da intolerancia e o sectarismo que lles caracterizou sempre, póndose de lado dos terroristas de Hamas. O antisemitismo nazi dos titiriteros estiveron a incitar á violencia contra os xudeus como demostraron o pásado sábado co manifesto que asinaron e as súas proclamas contra o estado de Israel. É vergoñoso ver a estes pelmas e rancios pseudoartistas da man dos islámicos que colgan homosexuais, lapidan mulleres adúlteras e practican ablacións, sen esquecer os apoios destes stalinistas ás ditaduras internacionais como a cubana ou a tiranía de Chávez. De feito, vimos pancartas de apoio ao golpista de Caracas por parte dos manifestantes esquerdistas e islamitas nas rúas de Madrid. As mostras de exaltación antisemita nas rúas de Madrid, con apedreamento da embaixada israelí incluída, grazas aos titiriteros da Zeja, ao PSOE, EU e os seus amigos islamitas, lembraba á noite dos cristais rotos e o comezo da persecución e o xenocidio do pobo xudeu ocorrido en Europa. A progresía volveuse a retratar unha vez máis, e volveu a demostrar que está en contra das liberdades, da democracia liberal e occidental que son tan antisemitas e que odian aos xudeus tanto ou máis que os nacional socialistas que lles querían exterminar nos anos 40 do século pasado. Ver a Zerolo coincidindo co movemento nazi americano, ao PSOE e os seus titiriteros milonarios gritando contra o pobo xudeu acusándolles de xenocidio e apedreando a embaixada israelí, é un dos episodios máis vergoñosos que tivemos que presenciar este fin de semana. Como vergoña me dá ver a Zerolo cos rizos ao vento e da man dos que asasinan tamén homosexuais e en contra dun estado democrático que ten todo o dereito a defenderse dos terroristas islámicos que pretenden exterminar ao seu pobo. Agora comprendo porqué non vín a Zerolo nin á FELGTB de Ferraz, nin ao maripogresismo oficial, manifestándose xunto aos "Dereitistas" activistas de COLEGAS en contra da invitación de Moratinos ao ministro iraniano de exteriores para estreitar aínda máis as cordiais relacións existentes entre dous grandes aliados, como xa contei con todo luxo de detalles na dobre moral do esquerda Gai. Estes hipócritas que non quixeron saber nada cando se lles pediu que intercederan e pediran a liberdade de Gorki Águila [Nota: líder dá banda cubana de punk-rock "Porno para Ricardo" coñecida pelas suas críticas ao rexime castrista. Foi detido en Agosto de 2008], que nunca se mobilizan contra as tiranías internacionais, nin contra o terrorismo etarra, nin contra as guerras e xenocidios recentes. Non permiten que Israel use o seu dereito a defenderse dos terroristas de Hamas. A esquerda e as súas titiriteros volveron a retratarse unha vez máis; a pesar deles: Viva Israel!
Grazas a Últimos días de Bar Kochba
Comentarios