A HISTORIA XAMAIS CONTADA SOBRE A EX-URSS


Por Thomás Zylberstein

.
Un novo proxecto de procura detallada documenta 101 emprazamentos dos matanzas no que xeograficamente era a antiga Unión Soviética, foi subido no sitio de internet de Yad Vashem. coincidindo co Iom Hashoá, o día de conmemoración do Holocausto. As "historias xamais contadas" contan a crónica dos asasinatos de milleiros de xudeus polos nazis e os seus colaboradores en 51 comunidades diferentes durante o Holocausto. A "historia xamais contada" é un proxecto do Instituto Internacional de Investigación sobre o Holocausto Yad Vashem. Estase traballando para publicar historias sobre a destrución dos xudeus da ex URSS que nunca se fixeron públicas ate o momento. Un proxecto que recibiu o apoio do Dr.Moshé Kantor, presidente do Congreso Xudeu Europeo. O proxecto desenvolveuse na súa iniciativa e en estreita colaboración co Congreso Xudeu Ruso. Este novo proxecto comezou cun censo realizado por investigadores de Yad Vashem, sobre todos os sitios que contan os matanzas na ex URSS. A partir destes datos, 51 comunidades cuxa poboación xudía foi asasinada en Ucraína, Bielorrusia, Lituania, Letonia e Rusia, foron sinaladas.
.
O marco histórico é fundamental para a web, que vincula a unha variedade de temáticas primarias e secundarias, incluíndo os arquivos de Yad Vashem e as coleccións privadas (documentos, fotografías, cartas, mapas, ilustracións, testemuños, vídeos, listas das vítimas e as historias dos "Xustos entre as nacións”) que, conxuntamente, crean un retrato da historia da humanidade nun ambiente multidimensional. "A medida que o mundo coñece Auschwitz ou Babi Yar, a historia de máis dun millón de xudeus que foron asasinados nas cidades e nos pobos segue sendo un feito relativamente descoñecido", explica o director de Yad Vashem Avner Shalev. "Nalgúns lugares, miles foron fusilados e un número terrible de homes e mulleres foron torturadas e asasinadas. Este proxecto é importante xa que pon no punto de mira o que aconteceu nestas comunidades”. ”Algúns deles foron o berce da vida xudía durante séculos, cuxos nomes aínda resoan entre as comunidades xudías de todo o mundo. O uso de todas as fontes dispoñibles para este proxecto faino moi valioso para todos aqueles que buscan coñecer o que aconteceu".
.
O proxecto, polo momento, contén 139 vídeos, 80 historias de testemuñas, a maioría deles proceden da colección da USC Shoá Foundation do Instituto Visual de Historia e Educación fundado por Steven Spielberg e 1459 fotografías (incluíndo documentos orixinais escaneados). A "historia xamáis contada" presenta probas que xean o sangue, en especial os relatos dos nenos, que contan como se escaparon dos pozos onde ao xudeus foron lanzados despois de ter sido sacrificados pero que de todas formas lograron sobrevivir. Estas historias tamén salientan os esforzos da posguerra para entrar nos rexistros, o asasinato destes xudeus e a destrución das comunidades, mesmo cando os soviéticos trataron de suprimir calquera sentido desa identidade xudía.

Comentarios