"Europa subestima a ameaza do proxecto nuclear iraniano"
.A Unión Europea "subestima a ameaza iraniana", segundo o primeiro ministro checo, Mirek Topolanek, cuxo país ocupa actualmente a presidencia rotatoria da Unión. Ao termo da súa visita a Israel e a Autoridade Palestina, Topolanek criticou aos funcionarios europeos que reclaman unha conxelación da mellora dos vínculos entre a UE e Israel. O saínte primeiro ministro checo destacou que o "proceso de paz non debe estar vinculado ás relacións entre a UE e Israel". Ao mesmo tempo, Topolanek propuxo que Israel poña fin á demolición de vivendas en Xerusalén oriental como un xesto de boa vontade aos palestinos. Topolanek é considerado un dos máis próximos aliados de Israel en Europa. É o primeiro premier que visitou Israel desde que Biniamín Netanyahu asumiu o cargo de primeiro ministro o mes pasado. A pesar da súa crítica a Israel en cuestións como os asentamentos en Cisxordania, na maioría doutras cuestións Topolanek apoia as políticas de Xerusalén. A cuestión de Irán foi un tema sobre o que Topolanek e os seus interlocutores israelís, Netanyahu e o ministro de Relacións Exteriores, Avigdor Lieberman, atoparon unha linguaxe común. "A retórica dos funcionarios israelís sobre a cuestión de Irán é comprensible", explicou Topolanek, en referencia aos discursos de Netanyahu e o presidente, Shimon Peres, no Día Conmemorativo do Holocausto, a semana pasada. "Creo que neste momento, non hai ningunha ameaza inminente dunha guerra entre Israel e Irán", reiterou, engadindo "o feito que Irán é unha ameaza cuxo perigo se ampliará se o país obtén unha arma nuclear é algo que todo o mundo coñece. O feito que a UE subestima esta ameaza tamén é certo. Neste momento vexo un ataque israelí contra Irán como moi improbable". Topolanek expresou que está de acordo coa secretaria de Estado de EEUU, Hillary Clinton, que afirma que a comunidade internacional na xestión de Irán depende das medidas de Israel cos palestinos. "A cuestión é unir a toda a rexión, incluídos os países árabes. Por primeira vez Israel e os países árabes consideran que se enfrontan ás mesmas ameazas. E baixo a presión desta ameaza hai que atopar unha solución", indicou o primeiro checo ministro. "é evidente que os palestinos deben ver unha luz ao final do túnel. Deben mostrar algún tipo de éxitos. Netanyahu creou expectativas positivas. Temos un período moi curto de tempo, talvez tres meses, para que algo ocorra. Esta é a razón polas que as restricións pola banda da UE carecen de sentido na miña opinión", agregou. O primeiro ministro checo foi moi crítico de Benita Ferrero-Waldner, comisaria da UE para as relacións exteriores, que ameazou coa conxelación á mellora dos vínculos. "Neste sentido creo que a declaración de Benita Ferero-Waldner é realmente moi precipitada e neste momento eu non lle atribúo máis peso que só unha simple declaración", concluíu.
Vía Aurora
Comentarios