DURBAN I, DURBAN II, ¿DURBAN III?

Por Natalia Álvarez

A disparidade ideolóxica entre democracias occidentais e reximenes totalitarios veu a pór fin ás boas e lexítimas intencións da ONU ao organizar unha conferencia sobre racismo e xenofobia. Irán unha vez máis, puxo de manifesto as súas viles intencións. Desde o principio algúns países boicotearon este encontro ante a sospeita de que as declaracións expresadas en 2001 por países árabes volvesen a producirse. Baixo o paraugas do rexeitamento á islamofobia outros decidiron asistir. Irán e esta vez en boca de Ahmadineyad "non decepcionou" e volveu a pór cara ao islamismo máis radical, ameazando a Israel e Occidente.

Dos 27 países da Unión Europea (4 renunciaran de antemán a participar: Italia, Polonia, Alemaña e Holanda) soamente a República Checa decidiu finalmente retirarse definitivamente ante as declaracións do presidente de Irán, pondo de manifesto a debilidade de Europa (democracia occidental) fronte aos reximenes totalitarios. Esta preocupante diversidade ideolóxica da Unión Europea impide actuar con firmeza ante un país cuxa influencia se estende inexorablemente en Oriente pondo en perigo a seguridade mundial ante a atenta mirada de Occidente, da alianza de civilizacións e da tolerancia ao islamismo. Cando deixemos de usar eufemismos (faccións; brazo armado; milicianos da resistencia), quizais entenderemos que se trata da mesma palabra: terrorismo. Oxala o consigamos en Durban III!

Atlantico Diario e La Voz de Galicia

Comentarios