Amos Oz, un dos fundadores de Shalom Ajshav "Paz Agora" dixo que ten "grandes expectativas" en torno ao novo goberno e a ansiada paz na rexión. Así mesmo aproveitou a festividade de Pesaj para dar a súa mensaxe conciliadora e avogar por un mundo de paz porque "israelís e palestinos estomos cansos da guerra", asegurou. O recoñecido escritor da esquerda israelí e pacifista envío a súa mensaxe para a festividade de Pesaj (a Pascua xudía) e o seu anhelo foi só un: "a paz". "Espero que este Pesaj nos traia a paz, é un anhelo que creo é posíbel. Palestinos e israelís estamos cansados da guerra e todos queremos a paz".
.
Consultado sobre o novo goberno que ven de tomar posesión, Oz, gañador do premio Príncipe de Asturias en 2007, sinalou: "aínda é moi prematuro para falar, hai moi poucos días da investidura, pero teño grandes expectativas, creo que lograremos a ansiada paz". A poucas horas de celebrar xunto aos seus a primeiro noite de Pesaj, Oz asegurou que "Na noite do seder (cea tradicional onde se reúne toda a familia), pensarei na miña familia e no benestar do pobo xudeu en todo o mundo, ese é o meu sentimento", culminou o escritor e renovou o seu desexo dunha paz duradeira.
Comentarios