O CONCELLO DE XERUSALÉN INFORMA:


O Concello de Xerusalén rexeita diversas noticias aparecidas nos medios de comunicación internacionais.


Unha campaña de desinformación desatouse recentemente, en torno á visita da Secretaria de Estado dos EUA, Hillary Rodham Clinton. O Concello de Xerusalén e a súa area de Urbanismo continúa a exercitar os seus dereitos e deberes para cos residentes de Xerusalén Oriental, en completa transparencia. O Alcalde Nir Barkat, continúa a promover investimentos en infraestrutura, construción e educación en Xerusalén Oriental, mentres defende a lei en todo Xerusalén Occidental e Oriental, con equidade, sen discriminacións. De acordo co procedemento administrativo, poden ser dadas ordes para parar o traballo en construcións ilegais, no comezo e a través do proceso de construción. En diversas ocasións, construcións ilegais teñen sido feitas á expensas de terras públicas designadas para os propios residentes. Desde o día 1º. de xaneiro de 2009, 28 ordes de demolición foron executadas -11 contra estruturas en Xerusalén Occidental e 17 contra estruturas en Xerusalén Oriental.

Detalles adicionais:

1. Emek HaMelech

Ningunha orde nova foi dada nesta área e non hai mudanzas no posicionamento do Concello sobre esta cuestión. Esta área é unha das áreas máis importantes con relación á historia de Xerusalén, con sitios sagrados para os Xudeus, Cristiáns e Musulmáns. Debido a súa importancia significativa para millóns de persoas ao redor do mundo, é tamén un destino turístico. É importante para o futuro de Xerusalén que esta área sexa tratada coa maior importancia estratéxica. Emek HaMelech non se destina á área residencial, e si para ser un espazo aberto para o público. Esta posición é concordante coa toma durante o Mandato Británico e vén desde o control Otomano da área. A maior parte das 80 construcións ilegais foron construídas en anos recentes sen materiais adecuados. Os residentes destas construcións foron ao Comité Distrital do Ministerio do Interior, que rexeitou as súas peticións e non aprobou a construción ilegal dos predios debido a que a área de Emek HaMelech está destinada ao uso público.

2. Jabel Mukaber

A construción ilegal máis recente que foi demolida non era en Silwan, mais en Jabel Mukaber. Este predio foi demolido tras a negativa da Suprema Corte do chamamento contra as ordes de demolición, xa que a construción foi feita ilegalmente, sen un permiso de espazo aberto. A execución desta política é completamente igual entre o lado oriental e o occidental de Xerusalén. O Concello opera de acordo coa lei e polo que é determinado polos Tribunais.

3. Shuafat

De acordo co Concello de Xerusalén, foron dadas ordes administrativas para as construcións sen licenza continuaren en marcha en toda a Xerusalén, tanto no lado Occidental canto no Oriental, sen distinción. Tras estes procedementos, estas ordes foron aplicadas en cinco construcións que non tiñan ocupantes aínda. Eles xa recibiran instrucións para parar as construcións, instrucións estas que non foron seguidas. Estas ordes tamén daban explicacións de como se podería apelar ao Tribunal se os ocupantes se sentisen inxustamente tratados. Debido a construcións ilegais en áreas de uso público no barrio de Shuafat, unha situación difícil xurdiu na cal non sobrou case ningunha área pública para os residentes deste barrio. A área da construción ilegal inclúe terreos reservados para escolas públicas, e institucións, para o beneficio dos residentes de Shuafat, de acordo coas obrigas do Concello para cos moradores, polo tanto, o Concello debe parar a construción.

Comentarios