DE VITIMARIOS A VÍTIMAS (DE ISRAEL)

Por Jorge Marirrodriga
.
Que cousas facemos os xornalistas, pomos continuamente nomes e rostros ao drama palestino. Falamos con homes, mulleres e nenos, contamos as súas historias, os seus plans de futuro, todo. A nosa audiencia ten nas súas retinas esas imaxes e na súa (curta) memoria esas historias que achegan aos palestinos á nosa vida cotiá. Moi ben, niso consiste o noso traballo. Pero de súpeto hai palestinos dos que non nos interesa falar, nin contar os seus nomes, nin as súas historias, nin explicar porqué están en prisións israelís. Convertémolos en "eses presos dos que ninguén se acorda", e así os vitimarios pasan a ser vítimas do monstro israelí. Ben, pois estes son os nomes dos 10 palestinos aos que Israel se negou a pór en liberdade algo que Hamás considera como algo imprescindíbel para pór fin ao secuestro de Gilat Shalit. Que cada un xulgue se os poría en liberdade ou non. Eu dou grazas por non ser Olmert.
1- Hassan Salameh. Condenado a 38 cadeas perpetuas pola morte en atentado de decenas de israelís. Na mesma acción centenares de personsa resultaron feridas.
2- Abdullah Jamal Barghouti. Condenado a 67 cadeas perpetuas pola fabricación de explosivos e a súa responsabilidade na morte de 66 israelís e de máis de 500 feridos.
3- Muhammad Hassan Ahmed Aramen. Condenado a cadea perpetua pola súa responsabilidade nun atentado suicida con bomba co resultado de varias mortes.
4- Ibrahim Hamed. Condenado a sentenza de longa duración pola súa relación con atentados que causaron 82 mortos e centenares de feridos.
5- Abbas Sayad. Alto xefe de Hamás en Tulkarem. Condenado a sentenza de longa duración
6- Manhad Sarim. Condenado a sentenza de longa duración pola súa relación cun atentado en 2002 que causou 29 mortos e 140 feridos.
7- Raed Hutri. Responsable de Hamás, condenado a sentenza de longa duración por recrutar terroristas e organizar atentados contra Israel.
8- Bahig Badar. Condenado a 18 cadeas perpetuas pola súa relación con numerosos atentados suicidas
9- Gamal Abu al-Hayja. Condenado a sentenza de longa duración por actividades terroristas.
10- Muatt Bilal. Condenado a sentenza de longa duración por actividades terroristas.

Comentarios