Harry's Place
.
En xaneiro, a viceministro de Asuntos Exteriores de Sudáfrica, Fátima Hajaig, expresou o seguinte punto de vista racista sobre os "conspiracionistas xudeus" nun mitin prol-Hamas: "O control de América, do mesmo xeito que o control da maioría dos países occidentais, está en mans do diñeiro xudeu, e se o diñeiro xudeu controla eses países non se pode esperar nada deles". Esta mañá, sabemos que Sudáfrica prohibiu ao Dalai Lama participar nunha conferencia sobre a paz no mundo que terá lugar con motivo da Copa do Mundo de fútbol do 2010. Ronnie Mamoepa, un portavoz do Ministerio de Asuntos Exteriores surafricano dixo a The Times: "O Goberno está involucrado na organización desa conferencia e é responsable da expedición das invitacións. Se non foi convidado a devandita conferencia non se pode afirmar que se lle impediu vir (.....) A Embaixada de China en África do Sur confirmou que o seu Goberno fixo un chamamento claro a Sudáfrica para que non permitise a presenza do Dalai Lama no país". Pero, como é posible explicar a posición de Sudáfrica sobre este tema? Sudáfrica é o principal socio comercial de China en África e representa máis do 20% do comercio de Beijing nese continente. O investimento chinés no sur de África durante os dous últimos danos creceu até os 6 billóns de dólares (£ 4,9 billóns de libras).
PD. Como era iso? "(...) está en mans do diñeiro ..., e se o diñeiro... controla eses países non se pode esperar nada deles".
Tirado de Safed-Tzfat
Comentarios