AHMAD HAMMAD: "O QUE HITLER LLE FIXO AOS XUDEUS FORON INCIDENTES, NON UNHA MASACRE"


Experto exipcio en estudos israelís e Xefe do Departamento de Estudos Hebreos na Universidade "Ein Shams Ahmad Hammad: O que Hitler lle fíxo aos xudeus foron 'incidentes', non masacres

De seguido pode ler extractos dunha entrevista co experto exipcio en estudos israelís Ahmad Hammad, quen encabeza o departamento de Estudos Hebreos na Universidade Ein Shams. A entrevista foi presentada na El-Rafidein TV o pasado 24 de xaneiro de 2009. Se queres ver este segmento de vídeo en MEMRI TV, visite http://www.memritv.org/clip/en/2039.htm.

"O que Hitler lle fíxo aos xudeus foron 'incidentes' dos que lle suceden a calquera minoría no mundo" Ahmad Hammad: "Que fundamenta o mecanismo do odio ao outro dos israelitas? Cando estaban en Exipto, os israelitas eran escravos e sentíanse perseguidos. Por conseguinte, cando obtiveron a independencia ou algo de soberanía, foi inevitable que o odio polo outro crecera nos seus egos internos, porque este 'outro' representaba un pasado enfermizo, na súa maneira de ver. Por conseguinte, tiveron que separarse a si mesmos deste 'outro'. Todos os conceptos condescendentes que aparecían no Talmud, no Mishnah e na Torah están baseados nos conceptos de 'fomos escravos e estranxeiros na terra de Exipto'".

Entrevistador: "En Iraq tamén, tiveron unha condición de escravos".

Ahmad Hammad: "Correcto. [...] "O que Hitler fixo - e eu non o chamo unha masacre ou nada polo estilo... o que Hitler fixo foron 'incidentes' do tipo que lle suceden a calquera minoría no mundo. Sucedeulle á minoría xitana, á minoría turca e á minoría xudía. O que Hitler fixo sucedeulle a todas estas minorías". [...] "Foi o que Hitler fixo aos xudeus... unha reacción a algo que eles fixeran?" "Foi o que Hitler lle fíxo aos xudeus algo ao azar, ou foi unha reacción a algo que eles fixeron?"

Entrevistador: "Vostede estase referindo ás crises económicas que os xudeus causaron en Alemaña durante a guerra, e as conspiracións que procrearon con outros países. Cando eles comprenderon que Alemaña non cumpriría o plan que tiñan en mente, puxéronse a si mesmos ao servizo doutra forza".

Ahmad Hammad: "eles sempre están ao servizo de todas as forzas".

Comentarios