OS HIPÓCRITAS RACISTAS ISLÁMICOS DE DUBAI


Editorial de AURORA
24.02.09

A comezos de semana, os organizadores do Torneo de Tenis de Dubai negáronse a estender a visa correspondente á tenista Shajar Peer, unha das animadoras da competencia que foi convidada polo organismo internacional que dirixe estas competencias, a ATP. O moza tenista, que estaba en Tailandia, onde participara noutro torneo, regresou a Israel. Tomouno con tranquilidade xa que estivo varios días esperando que lle concedan o visado e cando se confirmou a negativa, tomou o primeiro voo e regresou á súa casa. Esta actitude dos gobernantes da ''democracia'' de Dubai non é nova. Hai pouco máis dun ano impediron que un grupo de odontólogos israelís ingresasen ao seu democrático feudo para tomar parte no Congreso Mundial da Federación Dental Internacional. Con diversos pretextos foron aprazando a emisión das visas así como as confirmacións das reservas de hoteis e pasaxes aéreos. De nada serviron as reclamacións do Congreso e do Goberno dos Estados Unidos, nin menos aínda dos organizadores do evento perante quen se comprometera a outorgar visas sen discriminación algunha. Estes paladíns da ''liberdade'' e da ''democracia'' de Oriente Medio impediron a entrada de odontólogos e tenista ''xenocidas'' de Israel, diante do silencio, como era de esperarse, da ''valente'' prensa internacional. Aos únicos que lles permitiron viaxar foi a quen tiñan outro pasaporte ou dobre nacionalidade. É certo, non hai nisto nada novo, os retrógrados de Dubai e os seus veciños do Golfo Pérsico teñen a tixola polo mango, neste caso disfrazada de petróleo convertido en billetes. Fronte a este poderoso ''argumento ideolóxico'', que poden facer uns simples profesionais da saúde ou deportistas do país que máis lles molesta na rexión. Para devolver o seu xesto, da mesma maneira, non faltaba máis, Israel convidou a delegacións dos países islámicos, cos que ten algún tipo de relación, para que envíen delegacións á próxima Exposición Internacional de Agricultura. A finalidade é moi sinxela: compartir con eles as máis avanzadas tecnoloxías para que, ademais de xogar nos casinos e pagar custosas festas nos balnearios exclusivos de Europa, os xeques poidan alimentar mellor aos seus pobos. É que tamén isto deberían saber os defensores de dereitos humanos que tanto se preocupan polo que aquí acontece cos palestinos: nesas nacións ricas pola exportación do combustible que xorde só da terra, hai persoas que pasan fame, mentres que aquí os palestinos reciben alimentos e axuda humanitaria financiados por Israel en moitos casos ou co seu consentimento noutros, algo que non se interrompeu nin sequera nos días máis dramáticos do recente operativo militar.

Comentarios