ACTO DE CiU EN BARCELONA EN APOIO DE ISRAEL


O pasado venres o embaixador de Israel volveu a estar en Catalunya para participar nun acto organizado pola Fundació Catalunya Oberta. A Fundació Catalunya Oberta, dependente de CiU, agasallou ao embaixador de Israel no Estado español, Raphael Schutz, cun xantar no cal se deplorou unanimemente a actitude do goberno da Generalitat ante a recente acción antiterrorista de Israel contra Hamás en Gaza. O acto tivo lugar no Hotel Majestic de Barcelona, e contou coa presenza do ex-President Jordi Pujol, o candidato de CiU ás vindeiras Eleccións Europeas, Ramon Tremosa, o ex eurodeputado Carles Gasòliba, o conselleiro nacional de CDC Alfons López Tena, os deputados de CiU Joan Raventós e Jordi Cuminal, a dirixente de CDC Ima Mis, o director da Fundación Catalanista Demócrata, Agustí Colomines, ou o 'alcaldable' por Barcelona Xavier Trias. Entre os preto de 300 comensais presentes no acto organizado pola fundación, o presidente é Joaquim Tosas, ex alto cargo da Generalitat con Jordi Pujol, e o vicepresidente é o tamén ex colaborador de Pujol, Lluís Prenafeta, atopábanse tamén Lluís Bassat, Pilar Rahola, Vicenç Villatoro, Joan B.Culla así coma Jaume Renyer, de ERC. O Embaixador falou moi claro. En concreto advertiu que estamos diante dunha "combinación perigosa", da cal forman parte "elementos moi escuros do mundo islámico", partidarios da "sharia" xunto con elementos destacados da esquerda europea, xente que supostamente non ten nada que ver co islamismo pero que "con todo están a colaborar e xuntar forzas" e converxen na praxe. Schutz alertou que no mundo académico occidental se observa esta coalición que se nutre de fondos provenientes de fundacións musulmás. Neste momento así se están a financiar varias universidades británicas. O Embaixador denunciou "esta moda ou tendencia antisionista" por parte dun segmento "supostamente progresista da sociedade" e mostrouse convencido de que esta moda "entrará na historia como un fenómeno nefasto total, como o racismo" . Puxo tamén de manifesto a existencia dunha "empresa da manipulación e a mentira" que propaga a través dos medios de comunicación unha mala imaxe de Israel que non se corresponde en absoluto coa realidade. No recente conflito contra Hamas na Faixa de Gaza escoitouse un discurso "moito máis radical no mundo occidental que en moitas partes do mundo musulmán" en contra da acción antiterrorista de Israel. Foi especialmente enérxico contra as "caricaturas limpamente antisemites, velenosas", aparecidas na prensa española, que a diferenza das caricaturas de Mahoma saen "baratas" porque "ninguén vai ditar unha fatua contra o debuxante". O Embaixador alertou do que todos sabemos: que detrás dunha parte importante da críticas" dirixidas contra o goberno israelí ocúltanse actitudes "antisemites". Con respecto ás manifestacións organizadas para protestar pola invasión israelí de Gaza, dixo que esta xente debería mostrar unha actitude máis coherente "posto que" resulta estraño que non se viran manifestacións parecidas "ante as matanzas ao Congo, Chechenia ou Darfur. "Só mobilizan a xente na rúa cando se trata de Israel. O motivo fica claro que non é solidario senón político". Schutz indicou que "o que fixo Israel (en Gaza) está cento por cento dentro da legalidade internacional" e sinalou que o número de vítimas causadas polo conflito palestino-israelí desde 1967 é "extremadamente baixo en comparación con outros moitos conflitos internacionis que non ocupan as primeiras planas".

Comentarios