Por Manuel Molares do Val
Volvemos ver centenares de mortos palestinos en Gaza, entre eles mulleres e nenos, escudos humanos en bases da organización fanático-relixiosa Hamas, subvencionada por Irán e definida pola UE como terrorista, igual que ETA. Que crueldade, a dos israelís que bombardean menores, din as persoas sensibles. A seguinte idea é que Israel está a provocar un holocausto, como fixeron os nazis cos xudeus. Pero non teñen que ver os mortos dun grupo yihadista en guerra terrorista, que se rodea de nenos e mulleres para provocar esas reaccións entre persoas impresionables, co exterminio planificado de millóns de seres en instalacións construídas para aniquilalos
. Porque os ataques de Israel aos centros de operacións de Hamas son defensivos, para non sufrir outro holocausto: os terroristas, impulsados polo presidente iraniano, Mahmud Ahmadinejad, xuraron aniquilar en guerra santa aos sete millóns de israelís, maioritarimente xudeus, pero tamén árabes. O proxecto é a desaparición de Israel.
Por qué sempre hai nenos e mulleres onde caen as bombas lanzadas sobre as bases terroristas? Por qué están entre quen dispararon 1.250 foguetes e granadas só en 2008 contra poboacións civís de Israel? Hai numerosas mulleres repudiadas por polígamos, cargadas de fillos. Sacrifican algún para salvar aos demais. Cobran petrodólares e unha pensión por cada mártir. Hamas, apoderouse de Gaza masacrando ao goberno da Autoridade Nacional Palestina, inspirada por Arafat. Mahmud Abbas denunciou a responsabilidade de Hamas por romper o cesamento do fogo con Israel, bombardeándoo. Hamas odia a Al Fatah e matou nos dous últimos anos a máis palestinos que Israel. Pobres españois se sufrindo un terrorismo yihadista máis masivo e indiscriminado que o etarra non lle esixen ao Goberno que destrúa as súas bases. Aínda que os fanáticos introduzan nelas escudos humanos, que só serían vítimas de quen os puxeron alí.
Galicia-Hoxe 31.12.08
Comentarios