SOLIDARIEDADE CON PILAR RAHOLA

O Colectivo Galiza-Israel, quere manifestar publicamente á súa total solidariedade con Pilar Rahola, vítima de moi graves insultos e amenazas por parte dunha plataforma que co curioso nome de "Aturem la guerra" pretende, amparándose nas mobilizacións convocadas pola devandita plataforma en apoio do grupo integrista islámico Hamás, amedrentar e coartar a liberdade de opinión e de expresión dos que como Pilar, non aceptan as falsedades, manipulacións e mentiras como verdades sagradas. Que grupos como "Aturem" en Catalunya e aquí a nosa versión enxebre, espallan disfradados de solidarios altermundistas.
.
O Colectivo Galiza-Israel composto en grande medida de compañeiras e compañeiros que militaron ou aínda militan na clandestinidade no seo do Bloque Nacionalista Galego, sabe ben como son as maneiras destes solidarios selectivos morriñentos da defunta CCCP.
.
Que Pilar Rahola deba levar escolta, non é desde logo aceptábel nunha sociedade libre e democrática, por moito que para moitos prolpalestinos solidarios o vello Gulag sería unha institución a engadir ao organigrama de Vice-Presidencia.

Comentarios