HAMAS RECLAMA A RECONQUISTA DE AL-ANDALUS


Hamás pide a volta de Al-Andalus «a mans dos musulmáns» e faino desde a súa páxina web en Internet, cuxos contidos se centran no «martirio», é dicir, os atentados suicidas, e na «resistencia» e dicir o terrorismo.

O texto non pasou inadvertido para os servizos de intelixencia españois, que lle dan agora máis valor a raíz do triunfo electoral de Hamas en Palestina. A mesma pretensión sobre Andalucía tiñan os terroristas do 11-M, como o recolle un vídeo que gravaran e que foi recuperado entre as ruínas do piso de Leganés. Hamas conta cunha fracción xuvenil chamada «Al Fateh» -«O Conquistador»- que dispón dun órgano de expresión dirixido aos «mozos construtores do futuro». Pois ben, esta publicación, no seu número do pasado 15 de decembro, inclúe un escrito sobre 'Al Andalus', territorio que obsesiona aos islamitas radicais de todo o mundo por canto supón para eles o punto de inflexión histórico a partir do cal se produce a decadencia do mundo islámico e o inicio dunha «intolerable humillación por parte de Occidente cara ao Islam». Osama Bin Laden non deixou lugar á menor dúbida cando, nun dos comunicados tras o 11-S, manifestou textualmente: «Non podemos permitir que en Palestina ocorra o mesmo que en Al Andalus». No texto de «Al Fateh», Sevilla convértese en narradora dunha versión histórica que conclúe coa reclamación para o mundo musulmán de «Al Andalus». E, neste sentido, afirma: «Prégovos, queridos meus que me chamedes -di Sevilla no escrito- para volver coas demais cidades do paraíso perdido ás mans dos musulmáns, para que reine a felicidade na miña terra e me visitedes».

Hamas na listaxe de bandas terroristas da UE

O texto publicado pola rama xuvenil de Hamas, organización que está incluída na listaxe da Unión Europea e de Estados Unidos de bandas terroristas, comeza da seguinte maneira: «Son a cidade de Sevilla, a noiva da terra da Al-Andalus. Antes fun a capital do Reino de Sevilla, comunicada co Atlántico a través do río Guadalquivir. Levo sobre o meu pescozo a bufanda do río máis fermoso, que gaña en beleza ao Éufrates, ao Tigris e ao Nilo, e onde navegan os barcos de paseo e de pesca unhas 24 millas, baixo as árbores e o canto dos paxaros». «Os árabes musulmáns liderados polo heroe Musa Ibn Nusair conquistáronme despois de cercarme durante un mes en Chaaban (mes do calendario musulmán) do ano 94. O ano 97, o Gobernador da Al-Andalus, Ayoub Ben Habib Allujmi, trasladou a capitalidade á miña irmá Córdoba. Abdul Rahman Al Awsat construíu o ano 214 a primeira gran mesquita sobre a miña terra». «O ano 216 atacáronme e queimáronme a mesquita pero os meus fillos vencéronlles despois ao norte, en Toledo, coas súas valentes forzas. O ano 484 estivemos a miña irmá Córdoba e máis eu en mans dos Almorávides. O ano 549 terminou a época dos Almorávides e comezou a época dos Almohades, que me converteron na capital da Al-Andalus. No mes de Chaaban do ano 646 cercáronme as forzas de Fernando III pero non puideron conquistarme antes dun ano e cinco meses grazas ás miñas murallas e as miñas fortalezas. Con iso terminou a idade dourada dos musulmáns que me perderon, pero alí quedaron as pegadas da súa civilización como testemuña da avanzada cultura musulmá na miña terra. Entre os meus famosos atópanse Ibn Ruchd Al Fakih, Ibn Al Arabe Al Muhaddess, e o xuíz Ayyad Ibn Musa, e Abu Bakú Ben Khair. Rógovos, queridos meus, que me chamedes para volver coas demais cidades do paraíso perdido (Al-Andalus) ás mans dos musulmáns, para que reine a felicidade na miña terra e me visitedes, xa que son a noiva da terra Al-Andalus». Os terroristas do 11-M tamén se referiron a Andalucía. Fixérono nun vídeo que foi recuperado tras a explosión rexistrada no piso da rúa Carmen Martín Gaite de Leganés.

O vídeo de Leganés

Nel, un individuo encarapuchado refírese a España como «Al Andalus» e di: «Por iso decidiu a brigada que se atopa na Al-Andalus non saír de aquí ata que non saian as súas tropas das terras dos musulmáns de maneira inmediata e sen condicións. Se non o facedes no prazo dunha semana a partir da data de hoxe (27/3/2004) continuaremos a nosa Jihad até o martirio na terra de Tarek ben Ziyad»... «Coñecedes a cruzada española contra os musulmáns e non hai tanto tempo da expulsión da Al-Andalus e os tribunais da Inquisición».

Comentarios