O mundo civilizado conmemora cada 27 de xaneiro (liberación de Auschwitz), o Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto, dende que o aprobaran a ONU e a UE. Dende 2004, a Asemblea de Madrid, o Parlament de Catalunya, as Cortes e outras Cámaras programan actos de recordo daquel xenocidio –ise sí que o foi– no que eliminaron, por consideralos racialmente inferiores, a seis millóns de xudeos, e tamen a milleiros de ciganos (xitanos), homosexuais e, por suposto, republicanos galegos.A pesar dos solemnes actos que cada ano se celebran en todo o mundo, hai que dicir que neste país o antisemitismo sigue sendo un execrable deporte nacional. En España non houbo Treblinkas nin Mauthausen, nin guerra mundial, nin, obviamente, remorsos por masacres como a de Babi Yar, nas aforas de Kiev, na que asasinaron a 100.000 persoas, a terceira parte nenos. Tal vez por todo iso no noso pais persiste redivivo o antisemitismo dos tempos da Inquisición, mentres que, pola contra, en Ucraina acaban de sair á rúa miles de manifestantes en defensa do dereito de Israel –patria dos xudeos– a existir. O antisemitismo foi cousa da Igrexa, da dereita e dos nazis, ata que a esquerda máis asilvestrada decidiu sumarse á xudeofobia pola vía da banalización do Holocausto. A máis sonada incorporación a este movimento foi a do Nobel José Saramago, que comparou Auschwitz con Gaza. O ano pasado o BNG negouse a aprobar unha declaración institucional no Parlamento –como se fai en Madrid ou Barcelona– cos mesmos argumentos banalizadores do escritor portugués. Coa súa decisión castigou a pais e avós –as vitimas da barbarie nazi– polo comportamento que na actualidade achacan aos seus fillos e netos. Por suposto, nin Saramago nin o BNG –algo de comunistas teñen todos eles– admitiron nunca os xenocidios de Stalin sobre case 10 millóns de vítimas, ou o dos xemeres vermellos en Camboia, por poñer so dous exemplos. Tal vez para compensar, incurren en banalización ao falar de xenocidio en Gaza e negarse a honrar ou, como mínimo, respetar a memoria da Shoá: o episodio histórico máis documentado da historia da humanidade, incluso coa testemuña dos mesmos vitimarios que o cometeron. Paréceme inquietante que en algo coincidan con Pedro Varela, o rei dos nazis en España.
Artigo publicado no Xornal de Galicia - 25.01.09
Comentarios