ELECCIÓNS EN ISRAEL: TZIPI LIVNI (KADIMA)


Eis a traducción do video:
.
Após 4 meses de gañar as primeiras eleccións co Kadima, Tzipi Livni podería ter formado goberno pero ela decidiu outra cousa:
"Podería ter claudicado e entregado ante os que se querían aproveitar da situación, nomeadamente o Shas. Só tiña que dicir que suspendía o proceso político de paz, e sentar logo na cadeira (de Primeiro Ministro) Unha vez nomeada Primeira Minestra podería decidir o que quixese sen respectar o acordado. Xa estaría investiva Primeira Ministra. Pero este é un xeito de facer política honesta? Non. Hai prezos que outros están dispostos a pagar pero que eu non, a expensas do meu País e a expensas dos cidadáns. Só por ser Primeiro Ministro dun goberno silenciado".
Tzipi Livni naceu nunha casa onde ser recto é un valor supremo.
"Os meus pais foron combatentes do Etzel, está escrito nas súas tumbas e acompañounos toda a súa vida; combatentes pola creación do estado con valores moi arraigados. O meu pai foi oficial de operacións do Etzel. dirixiu o ataque á prisión de Acco desde dentro. A miña nai estaba pechada na prisión de Belén e quixo escapar polo cal se fixo inxectar leite e cando os cirurxiáns a estaban por operar a miña nai saltou en bata dun segundo piso do hospital e fuxiu. Eu crecín con estas con estes referentes. O meu pai era unha persoa recta en forma estrita; era o que consideraba máis importante para os seus fillos. Estes valores acompañáronme desde a miña nenez".
Tzipi Livni educouse nunha casa de combatentes por loitar polos seus ideais, incluído se isto tiña un custo persoal.
"Lembro o acordo de Camp David (con Exipto), o meu pai sopesaba votar en contra, falei con el, non entendía como podía estar en contra da paz. Ao final el abstívose e debo dicir que para min absterse nun tema histórico como este é unha postura moi problemática". Uns anos máis tarde, os valores que tomou dos seus pais puxéronse a proba unha e outra vez. "Recordo quen foi o primeiro militante do Likud que me pediu diñeiro para apoiar a miña candidatura. Nese intre entendín onde me metera". "A dirección do Likud tomou control do proceso de toma de decisións. Estaban metidos na política doméstica e entendín que nesta situación non poderiamos facer adiantar un proceso no que cremos".
(Fala Sharón): "O novo partido servirá ao país por moitos anos. Convídovos a que se unan a nós e que avencen connosco ".
Tras gañar as eleccións o 2006, Tzipi Livni foi nomeada Ministra de Relacións Exteriores, vice primeira ministra e membro do gabinete de seguridade nacional.
"Durante tres anos estivemos a explicar ao mundo que Hamas é unha organización terrorista e cando o mundo entenda que buscamos un proceso de paz e non estamos a buscar escusas, entón tamén comprenderán a nosa ofensiva militar. O estado de Israel formouse para que calquera neno xudeu non teña medo nin se senta ameazado. é a nosa responsabilidade e o noso compromiso e así actuaremos. É evidente que temos dereitos históricos sobre todo Eretz Israel, eu creo nisto. Pero para min o máis importante é ter asegurado o estado como a casa nacional do pobo xudeu. E por manter estes dous valores xuntos fai falta tomar unha decisión. Significa manter un estado xudeu e democrático, quere dicir con seguridade e a Eretz Israel pero non en todo Eretz Israel. Eu creo en Israel e estou orgullosa de representalo. Un Primeiro Ministro de Israel debe tomar decisións serias, duras e moi complexas. Tanto en temas de seguridade como en política. O país debe tomar decisións en base á realidade que fai avanzar conforme os ideais. Non voten movidos polo medo nin pola decepción, escollan desde a esperanza ". "O 10 de febreiro votamos un Primeiro Ministro diferente".

Comentarios