De seguido ofrecemos os últimos resultados de varios inquéritos e sondaxes feitos en Israel por mor das vindeiras Eleccións Xerais á Knésset. Eis os datos comparativos:
Segundo o diario Maariv- empresa Teleseker (venres 24 de xaneiro)
Bloque Nacional Relixioso: Likud 28 (28 na última enquisa da mesma empresa), Israel Beiteinu 16 (14), Shas 9 (9), Iahadut Ha-Torá 6 (5), Mafdal/HaBait Ha-Iehudí 4 (5), Ijud Ha-Leumi 2 (3).
Este bloque sumaría 65 deputados.
Bloque Kadima-Esquerdista-árabe: Kadima 24 (26), Laborismo 16 (17), Meretz 6 (5), Jadash 4 (4), Raam-Taal 3 (4), Balad 2 (2). O bloque suma 55 deputados.
Bloque Nacional Relixioso: Likud 29, Israel Beiteinu 14, Shas 10, Iahadut Ha-Torá 6, Mafdal/HaBait Ha-Iehudí 2, Ijud Ha-Leumi 3. Este bloque sumaría 64 deputados.
Bloque Kadima-Esquerdista-árabe: Kadima 26, Laborismo 19, Meretz 5, Jadash 4, Raam-Taal 3, Balad 2. O bloque suma 56 deputados.
Segundo o diario Israel Hayom - Empresa Gal Hajadash (mércores 22 xaneiro)
Bloque Nacional Relixioso: Likud 35 (33 na última enquisa da mesma empresa), Israel Beiteinu 12 (10), Shas 9 (10), Iahadut Ha-Torá 5 (5), Mafdal/HaBait Ha-Iehudí 2 (2), Ijud Ha-Leumi 2 (3). Este bloque sumaría 65 deputados.
Bloque Kadima-Esquerdista-árabe: Kadima 25 (27), Laborismo 15 (15), Meretz 6 (7), Jadash 4 (4), Raam-Taal 3 (2), Balad 2 (4). O bloque suma 55 deputados.
Existen diferenzas entre as enquisas? non tanto na cantidade de deputados que recibiría cada bloque senón na distribución interna dos escanos dentro do bloque. Algunhas consideracións a ter en conta:
1) O Partido Kadima parece perder votos, en dous das tres enquisas (e noutras que non publicamos neste artigo), o partido centrista perde forza, en xeral, os votos que perde Kadima os gaña o Partido Laborista.
2) Aínda que é verdade que aínda aparece unha cantidade importante de persoas indecisas, na historia política de Israel nos últimos 15 anos, a maioría dos indecisos terminan votando cara á dereita.
3) Durante as últimas xornadas crece a lexitimidade de Ehud Barak como Ministro de Defensa.
O Partido Laborista pola súa banda, non descarta conformar unha coalición co Likud. Barak dixo que se gaña Kadima el esixiría dividir o goberno pola metade, sendo que un período de tempo Barak sería o Primeiro Ministro. Fóra diso, Barak non descartou ser o Ministro de Defensa do futuro Primeiro Ministro Netaniahu. Noutras palabras, non habería que desbotar unha alianza Likud como partido eixo e o Laborismo (apoio desde a esquerda), Israel Beiteinu (apoio desde a dereita), Shas (con menos poder por non ser necesariamente imprescindíbel) e até podería participar Iahadut Ha-Torá. Esta coalición sustentaríase en 76 deputados (segundo os datos de Israel Hayom). Podemos observar diferenzas importantes entre as enquisas pre-electorais. De todos xeitos, a única diferenza entre unhas e outras é que mentras as primeras outorgan un trunfo claro para o bloque de dereitas, unhas poucas enquisas dan cerca dun empate técnico entre estas forzas e o bloque de centro-esquerda.
Comentarios