VALS CON BASHIR



Waltz with Bashir (2008) é unha película israelí dirixida por Ari Folman. http://waltzwithbashir.com/ Unha noite, nun bar, un vello amigo conta ao director Ari que ten un pesadelo recorrente na que lle perseguen 26 cans. Cada noite, o mesmo número de animais. Os dous homes chegan á conclusión de que ten que ver cunha misión que realizaron para o exército israelí durante a primeira guerra do Líbano a principios dos anos oitenta. Ari sorpréndese ante o feito de que non recorde nada dese período da súa vida. Intrigado, decide ver e falar con vellos amigos e antigos compañeiros dispersados polo mundo enteiro. Necesita saber a verdade acerca dese período e de si mesmo. Ari escarba cada vez máis e os seus recordos empezan a reaparecer mediante imaxes surrealistas. Seleccionada por Israel como candidata ao Óscar á mellor película de fala non inglesa. "Impresionantes debuxos, un portentoso claroscuro para debuxar a memoria, ou a falta dela" (E. Rodríguez Marchante: Diario ABC)



Comentarios