Imaxes do desaloxo en Hebrón da polémica casa ocupada por familias xudías. Dando cumprimento á sentenza ditada polo Tribunal Supremo israelí, as forzas de seguridade desaloxaron hoxe a devandita casa. Os moradores manifestaban a súa propiedade da casa de catro andares, mais o TS entendeu que non estaba probada a titularidade da mesma. A denuncia foi presentada por un cidadán árabe que dicia ser o lexítimo propietario do inmoble. Máis unha vez a democracia, o estado de dereito israelí amosa a súa fortaleza e o respecto da legalidade. Por moito que lle pese aos "antisionistas militantes". Sen entrar a valorar a sentenza, resulta curioso que ningún xudeu poida vivir en territorios palestinos. Xa no seu día, no ano 2005 cando Israel saiu por completo da Franxa de Gaza, os moradores xudeus foron tamén desaloxados. Como a Alemaña nazi, o futuro estado palestino debe ser "Judenfrei"? Iso non é limpeza étnica?
Comentarios