COMUNICADO DE MERETZ

Inusual anuncio, pola súa contundencia, do partido da esquerda israelí MERETZ facendo un chamado a atacar a Hamás. Meretz emitiu un duro comunicado chamando a unha acción militar en contra do grupo extremista islámico Hamás, para deter os ataques con foguetes e proxectís de morteiros, desde a Franxa de Gaza, contra o sur do país. "Chegou o momento de actuar sen compromiso e sen contemplar as consideracións políticas para protexer aos residentes de Sderot e das comunidades lindantes coa Franxa de de Gaza", sinalou o partido socialista Meretz.
Meretz, que sempre prioriza a negociación e o diálogo cos grupos palestinos, mesmo con Hamás, manifestou que a actual escalada de ataques con foguetes contra civis israelís non deixou outra opción que actuar en dúas frontes ao mesmo tempo: "golpear a Hamás en forma selectiva e traballar para un novo cesamento do fogo". A declaración de MERETZ prodúcese mentres Defensa está a preparar unha acción militar contra obxectivos de Hamás en Gaza, logo de que o grupo islámico lanzara máis de 100 foguetes contra o Néguev occidental. O Ministro de Defensa e presidente do Partido Laborista, Ehud Barak, advertiu que o Tzáhal responderá aos ataques contra os seus cidadáns. "Este non é o momento para falar, pero non podemos aceptar a situación que se creou. A única cousa que podo dicir é que toda aquel que ataca aos cidadáns de Israel e a soldados das Forzas de Defensa de Israel pagará un prezo", asegurou Barak. O candidato Laborista ameazou aos terroristas da Franxa de Gaza cunha resposta similar á Guerra do Líbano, de 2006, se non cesan os ataques indiscriminados contra obxectivos civis.

Comentarios