Coproducción hispano-arxentina-israelí. 'Cartas para Jenny' conta a historia dunha nai de mediana idade que deixa catro cartas á súa filla de dez anos, para que o pai da nena (Martín Seefeld) llas vaia entregando. A primeira carta, é para lela o día do seu Bat Mitzva (festa que as nenas xudías realizan aos 12 anos). A segunda, para que Jenny (Gimena Accardi) lea o día do seu casamento. A terceira, cando teña o seu primeiro fillo. E a cuarta -que oxalá nunca lea- é por se algunha vez se sinte desesperada. A película, vai mostrando a vida de Jenny e en que circunstancias vai abrindo esas catro cartas. Cando por unha determinada contrariedade Jenny abre a cuarta carta, atopa a suxestión da súa nai de viaxar a Jerusalem e ver alí a Sofía (a mellor amiga da nai) e a un rabino. Da man deles e do fillo de Sofía (un soldado israelí interpretado por Favio dei Tomaso) Jenny volve, descubre certos misterios e atopa as respostas que fora a buscar. Aquí podes ver o seu trailer.
Comentarios