OS PROTOCOLOS DOS SABIOS DE WALL STREET


Por Anshel Pfeffer

Haaretz


Unha nova teoría antisemita da conspiración está a estenderse nos últimos días pola rede: en vésperas da quebra do banco Lehman, este transferiría $400 mil millóns a Israel. Esta teoría, que se presenta baixo a forma dunha información confidencial, xa foi retomada en decenas de web antisemitas e anti-israelís. Segundo esta teoría, importantes executivos xudeus do banco de investimentos Lehman Brothers transferiron diñeiro dos seus clientes a bancos israelís, coa intención de fuxir a Israel para beneficiarse del sen correr o risco dunha extradición. Desde a quebra do banco Lehman Brothers, fundado nos Estados Unidos en 1850 por inmigrantes xudeus procedentes de Alemaña, a rede está chea de comentarios antisemitas que acusan os xudeus de causar a crise económica mundial, designándoos tamén como os principais beneficiarios do desastre. Estes comentarios son especialmente frecuentes na web claramente racistas, pero hoxe en día vostede pode topalos nas web máis populares e non necesariamente ideoloxizadas. Durante a última quincena, a liga Anti-Difamación (ADL) e outras organizacións internacionais de vixilancia do antisemitismo identificaron varios centos de casos. Unha serie de organizacións islamitas, incluíndo a Hamas en Gaza (que cualificou a crise económica como un castigo a América polas súas malas accións), uníronse ao coro que acusa ao inevitable lobby xudeu de ser responsábel da crise. Con todo, a teoría dunha transferencia de 400 $ mil millóns desde o banco Lehman cara a Israel é moito máis precisa. Esta "información" que dá a volta ao mundo foi redactada coma se se tratase dun despacho proveniente de Washington, e inclúe a cita dunha "A Voz da Casa Branca". Nela desígnase que tres bancos de Israel recibirían o diñeiro, explicando con detalle as leis de Israel sobre extradición e segredo bancario, e acusando as autoridades de EEUU de estar á corrente da transferencia. Tamén se citan extractos de despachos do servizo de prensa económico Bloomberg concernentes a unhas perdas económicas estimadas en 400 $ mil millóns sufridas polo banco Lehman. Esta "información" fixo a súa primeira aparición na páxina web de Jeff Rens, un antigo xornalista que publicou numerosas teorías da conspiración implicando aos xudeus, Israel e a administración americana. Desde entón, foi retomado por decenas de blogs e web antisemitas. Algúns internautas tentaron difundila sobre páxinas web máis respectables como as de The Huffington Post nos EEUU, e as de The Independent en Gran Bretaña. Esta teoría da conspiración recorda outras falsas acusacións en contra dos xudeus, e que van desde os "Protocolos de Sión" da era zarista aos rumores que circularon segundo os cales o Mossad israelí estaría á corrente de antemán dos ataques do 11-S contra o World Trade Center, advertindo a todos os empregados xudeus de que non fosen traballar esa mañá.
*Páxina web do Departamento de Estado onde faise mención de que un 10% das vítimas do devandito ataque eran xudeus, unhas 400 persoas do total, e onde se proporciona unha listaxe de 76 executivos xudeus falecidos.

Comentarios