O CENTRO SHIMON PERES CUMPRE 10 AÑOS CONSTRUíNDO A PAZ



O nome do presidente de Israel Shimon Peres está asociado á vida política. Desde o seu traballo para expandir o programa nuclear israelí nos anos 50 até a concesión, xunto con Isaac Rabin e Yasser Arafat, do premio nobel da Paz en 1994, Peres destacou pola súa contribución á construción dun futuro para as xeracións que viven na rexión. Pero quizais, un dos maiores expoñentes deste traballo é o Centro para a Paz que leva o seu nome e que a próxima semana cumprirá 10 anos de traballo tentando mover conciencias a través de diversas actividades. O Centro Shimon Peres para a Paz fundouse en 1996 xunto co presidente Uri Savir, como unha organización non gubernamentall e sen ánimo de lucro. O espírito que reina é o do seu fundador, defensor dun traballo conxunto entre israelís e palestinos en materia socioeconómica, de cooperación e desenvolvemento a través de encontros interpersoais. O Centro Shimon Peres para a Paz baséase en 5 alicerces: o diálogo activo entre as persoas, formar axentes sociais que funcionarán como líderes nas súas respectivas comunidades, cooperación, crear oportunidades a ambos lados da fronteira en materia agrícola, medicina, saúde, información e tecnoloxía, programas culturais para os mozos sobre a paz, cooperación en negocios e proxectos humanitarios destinados a reducir a mortalidade entre os nenos palestinos asi como a aumentar a súa calidade de vida. Un dos obxectivos é formar novos líderes políticos que inflúan nas súas respectivas comunidades. Por iso púxose en marcha en 1998 un programa de traballo conxunto con mozos exipcios, palestinos, xordanos e israelís, con diferentes relixións e inclinacións políticas. De aquí saíron interesantes políticos que entraron a formar parte da dereita israelí no Likud, e dos relixioso Shas, asi como de representantes de Al Fatah. Para ver un vídeo con testemuños de mozos e mozas israelís e palestinos pica AQUI

Comentarios