DEREITOS HUMANOS, SOCIEDADE CIVIL E HOMOSEXUALIDADE NO MUNDO MUSULMÁN

Congreso Colegas Madrid 08
View SlideShare document or Upload your own.

A REALIDADE LGBT NO MUNDO MUSULMAN.
Aínda que segundo a Declaración Universal de Dereitos Humanos todos somos iguais en dignidade e dereitos, isto aínda non é así en moitos países do mundo para as persoas homosexuais, bisexuais e transexuais. Estas persoas son motivo de escarnio público, insultadas, pegadas, torturadas psicolóxica e fisicamente, encarceradas por simple feito de ter unha orientación ou identidade sexual diferente á maioría da poboación. Ante estas situacións de incomprensión, intolerancia e desamparo as organizacións integrantes da Confederación Española COLEGAS non poden permanecer indiferentes, polo que decidimos colaborar á loita pola liberdade e a dignidade humana levando a cabo o Iº Congreso Internacional onde se lles dea voz a persoas que sufriron persecucións nos seus países e que tiveron o suficiente valor para informarnos e sensibilizarnos sonre desta realidade. A homosexualidade é ilegal en 26 países islámicos. As penas que se aplican a quen comete estes actos considerados "nefandos", por ser froito da "perniciosa influencia occidental", van desde os cen lategazos, en moitos casos, até a pena de morte. Entre os Estados musulmáns que castigan coa pena de morte a homosexualidade atópanse países como Arabia Saudita, Sudán, Irán ou Iemen. No resto do mundo árabe, as cousas tampouco son fáciles para os gais e lesbianas, poden ser condenados a longas penas en países como Alxeria, Xordania, Kuwait, Libia, Marrocos, Siria ou Tunes. á persecución que sofren os gais e lesbianas vai unida a intolerancia nun mundo hostil e dominado, na maior parte dos casos, por unha ríxida e estrita interpretación da cultura relixiosa. Numerosos homosexuais do mundo musulmán buscaron e buscan refuxio nos países europeos, deixando atrás un regueiro de humillacións, castigos e moitas veces inxustas penas. En moitas ocasións, a homofobia que se vive nestes países é o motivo de procesos migratorios, son moitas as persoas homosexuais, bisexuais e/ou transexuais que emigran de países onde a homosexualidade está perseguida legalmente ou condenada socialmente, para vivir libremente noutros países. Entre os obxectivos deste congreso a parte de facer pública a situación de discriminación e persecución é mostrar que hai camiño á esperanza e á transformación das sociedades. Os Dereitos Humanos e a Cooperación Internacional son vías fundamentais para conseguilo. O silencio é o gran aliado da opresión, con este Congreso tentamos rompelo

Comentarios