Por Phyllis Chesler
En ocasións, as novelas son proféticas. Véñenme á cabeza George Orwell e Jean Raspail, ambolos dous imaxinaron a vida cotiá a finais do século XX e principios do XXI. Raspail é o novelista que imaxinou que unha horda de persoas de pel escura tomaba o control de Francia. A súa obra, "O campo dos santos" (1973) foi inicialmente condenada como "racista". Lentamente, co tempo, os líderes europeos empezaron a ler a súa obra e a consultar con Raspail. En xaneiro de 2006, Ilan Halimi era torturado brutalmente durante tres semanas enteiras por un grupo de inmigrantes musulmás de orixe africano. Os medios de comunicación non os describiron como "musulmás," senón como "mozos," "militantes," "membros dunha banda," "inmigrantes" e "inmigrantes africanos." Os veciños presentáronse e uníronse á tortura de Halimi. Outros veciños oíron os seus berros pero non fixeron nada. Algúns foron ollar. Halimi falecía o 13 de febreiro de 2006. O líder da banda, Youssouf Fofana, fuxía a Costa do Marfil pero era extraditado de novo a Francia. Outras 18 persoas canda el van ser xulgadas agora.
Hoxe, un menor de 17 anos levando a kippa, Rudy Haddad, era emboscado por entre 15 e 30 "inmigrantes africanos" mentres camiñaba polo barrio xudeu de París. Ninguén di se eran musulmás ou non. De xeito que por se acaso, uns marcianos procedentes de África propinaron unha malleira a Haddad con barras de ferro ate abrirlle a cabeza. Segundo unha circular de prensa da Jewish Telegraphic Agency: "Mentres que os funcionarios franceses déronse présa en condenar o ataque, a maior parte non identificou claramente o crime como antisemita, dicindo que a policía ten que finalizar primeiro a presente investigación. O Presidente francés Nicolas Sarkozy, de visita en Israel esta semana, declarou aos reporteiros que estaba "particularmente impactado polo acontecido ao mozo francés, co pretexto de levar unha kippa'". Nunha declaración presidencial inicial a primeira hora, informa AP, Sarkozy denuncia o ataque, pero non chega a ningunha conclusión. Sen embargo, varios representantes da comunidade xudía francesa denunciaron este horrible crime como "antisemita," o cal, a última vez que o comprobei, está considerado unha forma de racismo.
Onde están todos os anti-racistas?
Eu non escoito ningunha condena. O silencio é enxordecedor. E completamente esperable. Onde están os medios de referencia? Onde está a CNN, a MSNBC ou o International Herald Tribune? Só ABC News daba a coñecer a circular de 190 palabras de Reuters a primeira hora de hoxe. Ao buscar en Internet, a primeira das tres páxinas consiste en artigos publicados en blogs e de autores xudeus ou israelís principalmente. Onde están Le Soir, Le Monde ou o Figaro? Cubriu isto a Canle 2 de Francia? Que vai facer Europa realmente con estes casos? Necesitarán os xudeus de todo o mundo, empezando polos de Europa e os de París en particular, ao exército israelí para que lles protexa de camiño ás sinagogas parisienses? A policía francesa vai ter que protexer aos cidadáns xudeus un por un, igual que se viu obrigada a protexer cada sinagoga e centro xudeu desde que o líder palestino Yaser Arafat iniciase a súa campaña criminal de secuestros a finais dos anos 60? Ten Francia, e a estes efectos toda Europa, que empezar a deportar aos inmigrantes africanos ou musulmás? Seguro que entón si escoitaremos aos defensores dos dereitos civís. Ten Francia que considerar a deportación dos inmigrantes musulmás que pertenzan a bandas exclusivamente? E que pasa se un integrante dunha banda se reforma e é rehabilitado e se lle devolve a un país que practica a tortura e os secuestros?
Ben, pois que hai de deportar aos inmigrantes musulmás que, habendo pertencido anteriormente a bandas, sexan condenados previamente por delitos violentos? Pero non se pode aplicar o pasado dun home na súa contra, non se pode predicir o futuro, non se pode dicir se pasou páxina, etc. Cal vai ser a fórmula máxica que vai permitir aos europeos actuar contra os bárbaros do seu contorno sen ter que facer fronte á acusación de racismo?
Comentarios