Dúas enquisas publicadas polos medios de comunicación israelís hoxe venres, logo de que o Primeiro Ministro Ehud Olmert anunciase que non se presentará nas eleccións internas de Kadima, a Chanceler Tzipi Livni aparece como a única candidata que aseguraría unha vitoria fronte a Benjamín Netaniahu e o Likud e mantería a Kadima nunha posición líder no mapa político israelí.
De acordo á enquisa difundida polo xornal Haaretz, o partido Kadima liderado por Livni obtería 26 escanos na Knesset, e 25 o Likud encabezado por Bibi. Pola súa banda unha mostra encargada polo xornal Yediot Aharonot indica que Livni obtería 32 escanos, mentres que Netaniahu obtería 27.
Ésta é a primeira vez en case dous anos que Netaniahu é superado por outro dirixente israelí en intención de votos. Con todo, os números cambian no caso de que o Ministro de Transporte Shaul Mofaz se impoña nas eleccións internas do partido centrista Kadima. Segundo ambas enquisas, con este resultado sería entón o Likud o partido triunfador.
Estes números poderían ter un impacto importante na militancia do partido Kadima, xa que impulsaría aos apoios da actual Ministra de Exteriores.
Así mesmo, forzaría ao partido Laborista a ficar dentro da coalición e non demendar a convocatoria de eleccións xerais anticipadas, xa que segundo as enquisas o Partido Laborista obtería só 17 escanos na Knesset. O Ministro de Defensa Ehud Barak e lider do Laborismo israelí recibe pouco apoio popular para o cargo de Primeiro Ministro. Livni de acordo as sondaxes, sería quen de quitarlle votos tanto ao Likud como aos partidos de esquerda. Mentres que Mofaz é percibido como un home de dereita que estaría disposto a unirse ao Likud a cambio do Ministerio de Defensa.
Os partidos que sairían máis prexudicados de acordo a estas enquisas son os que se sitúan nos polos do arco ideolóxico: Israel A nosa Casa e Meretz.
Fonte Infolive.Tv
Comentarios