"EL PAÍS", DIARIO MODESTAMENTE GLOBAL

Reproduzo de seguido o moi atinado post publicado en SAFED-TZFAT sobre o tratamento (máis unha vez) de El País ás novas que proceden de Israel:


"Uns 180 partidarios de Al Fatah lograron escapar do cerco de Hamás e pasaron a Israel, onde foron acollidos a cambio dun trato menos que amable: foron espidos e tapóuselles os ollos. Non foi un recibimento demasiado acolledor a unhas persoas ás que, mesmo segundo Israel, os milicianos de Hamás chegaron a disparar mentres cruzaban a fronteira".

A sensibilidade do diario "global" é enternecedora, do mesmo xeito que sumamente recoñecido o seu caracter 'acolledor' (pregunten a uns cantos dos seus antigos xornalistas). No entanto, é unha magoa que un xornal que presume de ser de referencia (antes mesmo chegou a ser independente da mañá), non revise os seus arquivos e ignore os casos de militantes palestinos de Hamas, da Yihad, do Fatah ou dalgunha outra das innumerables milicias palestinas pacifistas, tanto monta, monta tanto, que con explosivos escondidos debaixo das súas roupas, fixéronos explotar en presenza de israelís (civís e militares) dando lugar a un recibimento nada acolledor pola súa banda.
Doutra banda, e respecto ao tema de taparlles os ollos, non parece moi intelixente pasear ao inimigo, pois diso trátase, dentro dunha base militar israelí para que poida captar e coñecer amplamente a súa estrutura e disposición. Se ao diario 'global' tanto lle molesta isto, podía preconizar ante o ministerio de Defensa ou do Interior español unha xornada de acuartelamentos e estancias militares e policiais "abertas" para a mocidade abertzale. Ou se o asunto suscitase demasiadas susceptibilidades actualmente, organizar unha visita guiada ás bases militares en Afganistan ou Líbano para talibán e membros de Hizbollah. Creo que estas ideas "acolledoras" serían moi celebradas polos responsables militares españoles.

Menos mal que o diario global recolle na súa información que preto de 22 milicianos do Fatah están a recibir tratamento médico en Israel. De momento non sabemos se iso representa algunha pega para un diario 'global' tan sensible aos gangs de milicianos palestinos.

Comentarios