Este ano, aló polo mes de Xaneiro. O Bloque Nacionalista Galego vetou, negouse a aprobar unha Declaración institucional no Parlamento de Galicia, de recordo e homenaxe ás vítimas da Shoáh. O 27 de xaneiro é a data solemnemente instituída por Nacións Unidas en conmemoración da páxina máis negra da historia de Europa. O Bloque Nacionalista Galego movido pola intransixencia que outorga sempre o fundamentalismo, negou tamén o recordo e a homenaxe aos centos de galegos asasinados nos campos de concentración e exterminio nazis. Eis unha páxina vergonzosa a que escribiu na casa común de todas as galegas e galegos o Bloque Nacionalista Galego. E para a súa denuncia maís unha vez, podemos ver un formidábel documental sobre os republicanos mortos e internados nos campos nazis. Mortos que para o BNG non teñen valor. Cualificar esta actitude miserábel do Bloque Nacionalista Galego sobarda os límites do decoro e das normas de uso deste lugar.
Comentarios