Por Bradley Burston
Cal é, exactamente, o que unha persoa decente se supón que debe pensar?
Nunha tranquila e clara mañá de Jerusalém, unha muller está a conducir cara ao centro da cidade, o seu bebé está con ela. Non hai nada que temer. Non se trata dunha zona militar, non se trata dun sector vítima da ocupación, non é un asentamento, os xudeus viviron e traballado aquí durante máis dun século. Médicos e enfermeiras xudeus trataron a bebés árabes, a mulleres, a anciáns e enfermos, aquí mesmo, e xa desde 1902, cando o Hospital Shaare Tzedek abriu ao outro lado da rúa. Non hai nada que temer.
Excepto para o home da escavadora, que tomou el mesmo a decisión de matar xudeus. Non a persoal israelí das forzas de seguridade, nin das tropas de ocupación, nin do Shin Bet. Só xudeus. Mulleres e nenos, anciáns e enfermos. Xudeus que até poden ser favorables a un estado palestino independente. Xudeus que non teñen nada contra os árabes. Xudeus que poden inclusive traballar para pór fin á ocupación. Xudeus.
Cando comeza a matanza, a muller detrás do volante fai o que os xudeus aprenderon a facer desde o Holocausto, e desde 2000 anos antes: salvar ao seu fillo. O que sexa necesario. ela consegue lanzar ao seu bebé pola ventaniña lateral do coche antes de que o heroe de Palestina acelera cara ela e esmague o seu coche. Non lle tomará moito tempo, despois de que o heroe de Palestina termine de envorcar uns autobuses cheos de xudeus - e tamén de árabes -, dirixirase cara a outros vehículos, mesmo reculando para esmagalos dúas veces, todo iso antes de que o departamento de relacións públicas e de mercadotecnia de Hamas realice un encomio do ataque. "Consideramos que é unha reacción natural á agresión diaria e aos crimes cometidos contra o noso pobo en Cisxordania e nos territorios ocupados", afirmou ante a prensa o portavoz de Hamas.
Reacción natural. Só natural.
O ataque produciuse despois do último dunha serie de chamamentos á desinversión en Caterpillar (fabricante de escavadoras), por parte de distintos grupos nos Estados Unidos: algúns ateos/anarquistas, outros musulmáns, tamén algúns xudeus, o lobby das igrexas protestantes e moi respectadas universidades; e iso debido a que o IDF as utiliza para demoler vivendas palestinas. Gustaríame entendelos por unha vez. Só unha vez. Gustaríame desposuílos do terrorismo. Non entendelo unha vez máis que como o resultado natural dos crimes da ocupación. Por unha vez, querería que aos meus irmáns e irmás da esquerda lles fose tan duro como aos seus camaradas palestinos, para que tomen unha escavadora e esmaguen xudeus, xa que están en Israel, o "país dos fogares bulldozer".
Escribir unha carta a Ismail Haniyeh, Mahmoud Zahar, a Anu Sami Zuhri. Protestando desde as súas propias comunidades, para que por unha vez chamen ao terrorismo polo seu propio nome. Intencional, brutal, premeditado, inmoral. Asasinato.
Así pois, que se supón que debe pensar unha persoa decente? Que teñen todo o dereito a lanzar foguetes e tiros de morteiro contra zonas residenciais durante un alto o fogo xa que a ocupación segue en curso? Que teñen todo o dereito a esmagar civís xudeus porque a ocupación non se detivo e os colonos seguen construíndo casas? Que ten que pensar unha persoa decente cando os grupos palestinos atropélanse os uns aos outros tratando de reivindicar o novo ataque asasino? E cando un deses grupos é a Brigada Al-Aqsa de Fatah? Que ten que pensar unha persoa decente cando o asasino que conduciu a escavadora era pai de dous fillos, un traballador da construción no Jerusalém oriental, e cuxo desexo de matar xudeus ( e ao facelo, ensuciar e danar a causa e o nome de Palestina) foi moi superior ao sentimento da nai que tivo que lanzar ao seu bebé fóra do seu automóbil para salvalo?
Pola miña banda, quixera preguntar cal é a proba do que realmente desexan os palestinos.
E eu xa non creo que iso sexa tan sinxelo como "o seu propio estado". Isto é o que eu, aínda, non quero admitir: que durante todos estes anos, no 2008, e non menos no 1902, o que unha masa crítica de palestinos desexan, máis talvez mesmo que un estado, poida ser algo tan simple como o vil pracer da vinganza, e tan sinxelo como ver mortos e desaparecidos aos xudeus.
Comentarios