GALIZA, ISRAEL, PALESTINA


Por Miguel Mosquera


Non hai afrenta maior pra calquer militante de calquer forza política que a de a súa expulsión. Da o mesmo que sexa de dereita ou esquerda. Algo grave tivo que acontecer pra que semexante acontecemento se plasme na realidade, mais ainda cando o partido de referencia ten responsabilidades grandes e serias nun goberno bipartito, como acontece nestes intres en Galiza con o BNG. Fai algunhas datas comentase nas rúas, fogares e tabernas de bon vivir, como nos gusta facer a os galegos de pro, o enigma da expulsión do militante de Esquerda Nacionalista, forza integrada no BNG, Pedro Gómez-Valadés. Este home de mirada ao frente parece ser que cometeu o delito de versarse en Xudaismo e fundar unha organización que responde as siglas de AGAI (Asociación Galega de Amizade con Israel) e falar en público e en privado, como corresponde a libertade de expresión, das relacións históricas e culturais dos nosos ancestros xudeus con Galiza. Penso que é indiscutible baixo calquer punto de vista a relación existente entre ambas historias e culturas. Outra cousa é que, con o debido respeto, a poucas ou moitas persoas non lle guste ou non queiran recoñecer por razóns varias a devandita relación...mais ese é outro problema diferente. O certo é que os xudeus pulularon pola nosa terra e chegaron a adquirir incluso un certo poderío de gremio e practicaron unhos hábitos pouco populares, tales como a propiedade de grandes superficies dedicadas a gandería e agro, a usura, o pago de baixos salarios ao estilo da sociedade na que vivimos agora, nestes tempos tan libertarios como confusos de cara ao futuro.
A Pedro Gómez-Valadés non se lle ocurriu outra cousa que a de ser profeta na súa terra... e armáchela, rapaz! Armáchela ben gorda porque ninguén hasta hoxe, que eu sepa, tivo a valentía ou dignidade de facer cousa semexante. O malo da componenda é que este home de mirada ao frente está moi versado en toda a temática xudea, tanto a histórica como a contemporánea e vai ser moi difícil convencer a opinión pública de que o que fai é unha falta grave, causa de expulsión, de un partido democrático como o BNG. Voces de sirena din que si rompeu a disciplina do partido, que si o sionismo e incompatible coa súa militancia...incluso barbaries como si estivera a soldo da Embaixada de Israel en Madrid. Rapaz, si esto non o explica alguén como é debido, véxote incluso como elemento de sospeita de ser axente do Mossad ou andar a estacazos con palestinos como si monecos do pim-pam-pum se tratasen. De non estar xustificada a expulsión de este militante do BNG e non se emita por parte de quen proceda algún comunicado que lave a súa honra, pode o partido nacionalista estar cometendo un profundo erro. Sempre que se fala de os xudeus ou de Israel salta a espoleta do triste problema hebreo-palestino. Páxinas enteiras de tomos poderíanse escribir sobre este tamén histórico problema. Mais non podemos extendernos por falta de espazo ao respecto. Mais sí podemos ser optimistas de cara a un futuro breve, que non inmediato, pois as prisas nunca foron boas, e decir que o problema solventaráse pronto. O recoñecemento do Estado Palestino por parte de Israel entrou nun camiño sen retorno. Todavía vai a haber mortos que queden polo arenoso terreo ....oxalá que os menos posibles. Mais esto non o digo eu. Faltaría máis! Dícenno os medios diplomáticos de Israel, como corroborou en unha conferencia na nosa cidade unha vez máis a ministra consultora Alona Fisher-Kamm fai breves datas. As conversacións bilaterais que se están a hacer con dirixentes da Autoridad Nacional Palestina (ANP) arrivaron a un punto máis álxido que nunca e esta debe ser a idea coa que hemos de pensar....porque o exemplar, bravo, respetado e querido pobo palestino tamén o desexa. Mentras, Pedro Gómez-Valadés móvese no terreo do desconcerto. Mais nadie nega a existencia das xuderías de Tui, Celanova, Vilanova dos Infantes, Allariz....¿Por dónde andas agora Quintana? Ribadavia...Soio unhas verbas de explicación. Quen as faga non vai ser expulsado de Galiza. Os xesuitas xa tornaron e os Reis Católicos de 1492 xa non están con nos.

Miguel Mosquera Claro. Médico de Atención Primaria, membro de Amnistía Internacional-España. Artigo publicado no semanario El Foro Metropolitano

Comentarios