CENTRO MUNICIPAL PARA GAYS E LESBIANAS EN TEL AVIV


Segundo informa a Axencia Xudía de Noticias AJN, inaunaugurouse o novo edificio é o primeiro para a comunidade gai e lesbiana de Tel Aviv. “Reflectirá o espírito pluralista da cidade e o desexo de honrar e respectar a todas as minorías”, indicou o alcalde na inauguración.
O primeiro centro comunitario do mundo para a comunidade lesbiana, gai, bisexual e transexual (LGBT) financiado e dirixido polo goberno municipal abriu as súas portas o pasado martes en Tel Aviv. Alí terán lugar ctividades sociais e culturais, como concertos, proxeccións de películas e exhibicións, asaesoramento legal e laboral, servizos de saúde, talleres, grupos de apoio e asesores familiares. Na entrada do edificio, situado no complexo “Dov Foz” en Tel Aviv, o rabino David Lazar bendixo a colocación dunha mezuzá -benzón doméstica escrita en hebreo que se coloca nas portas dos fogares xudeus- pintada coa bandeira do “Orgullo Gai”. “A imaxe de Deus pode verse en todas as persoas, polo tanto este edificio non só é un centro comunitario senón unha Casa de Deus”, expresou Lazar segundo citou o diario Haaretz. Pola súa banda, o alcalde de Tel Aviv, Ron Huldai, cualificou á sociedade local de “pioneira” por albergar un centro destas características. “Reflectirá o espírito pluralista da cidade e o desexo de honrar e respectar a todas as minorías”, sostivo Huldai na cerimonia de apertura. Por último, o asesor do concello para a comunidade LGBT, Itai Pinkus, informou que tamén se realizarán actividades para os maiores, que “pasaron anos agochados, en épocas nas que corrían o risco de danos persoais se se expoñían”. Pinkus explicara en oportunidades anteriores que a comunidade homosexual de Tel Aviv é “moi significativa” en cantidade e contribución á vida cultural e económica da cidade.

Comentarios