SILENCIO ROTO


BROKEN SILENCE (SILENCIO ROTO)
(ESTADOS UNIDOS 2002)
Directores: LUIS PUENZO, JANOS SZASZ, PAVEL CHUKHRAJ, ANDREJ WAJDA, VOJTECH JASNY.
Duración: 280 MINUTOS
Prezo: 7,95 €

Sinopse
Steven Spielberg e Survivors Of The Shoah Visual History Foundation presentan "Broken Silence", unha serie de cinco películas sobre o valor humano, o heroísmo e o triunfo sobre a adversidade extrema durante a Segunda Guerra Mundial. Documentais en versión orixinal con subtítulos en español.
Disco 1
1. Some Who Lived (Algunos que vivieron). O realizador arxentino Luis Puenzo dirixiu esta película en español, entretecendo testemuños de superviventes do Holocausto actualmente resistentes en Arxentina e Uruguai con metraxe en parte procedente de arquivos e en parte rodado na actualidade. Puenzo tamén examina as relacións entre o nazismo e os capítulos máis tenebrosos da historia de Arxentina.
2. Eyes Of The Holocaust (A Holocaust Szemei). O director Janos Szasz, fillo de superviventes do Holocausto, realizou este documental en húngaro que se centra nas experiencias de superviventes que eran nenos durante o Holocausto.
3. Children From The Abyss. Neste documental en ruso, superviventes do Holocausto narran detalladamente as súas experiencias de resistencia, traición, rescate e desexo de vinganza. Dirixido por Pavel Chukhraj.
Disco 2
4. I Remember. (Pamietam). Andrej Wajda, galardoado co Premio de Honor da Academia, dirixiu este documental en polaco que trata de catro superviventes que foron axudados ou traizonados polos seus veciños polacos.
5. Hell On Earth (Peklo Na Zemi). O realizador checo Vojtech Jasny dirixiu este documental en checo, que ofrece unha panorámica de Theresienstact, o ghetto "modelo" checo creado polos Nazis para enganar ao mundo mostrando que ben tratados eran os xudeus.

Comentarios