Comunicado da Asociación Galega de Amizade con Israel:
UNHA DECISION ARBITRARIA, VERGONZOSA, ANTISEMITA E FASCISTA
Despois de máis dun ano de acoso e constantes presións, finalmente o BNG consumou de forma arbitraria, vergonzosa e fascista a expulsión dun militante polo simple feito de ter unha visión diferente do conflito árabe-israelí e de presidir unha asociación de amizade que procura tender pontes entre os pobos galego e israelí. Entre a cultura galega e a xudía.
A Asociación Galega de Amizade con Israel considera que a utilización de medidas disciplinarias e de expulsións por un suposto delicto de conciencia é impropia dunha organización que participa no goberno de Galicia e fainos sentir como galegos e galegas asustados pola catadura xenófoba e totalitaria de quen nos cogoberna sen que lle importe violar de xeito incualificábel os máis elementais dereitos democráticos.
A Asociación Galega de Amizade con Israel considera que é inaceptábel que un partido que forma parte do goberno da Xunta de Galicia poida manter actitudes con tal grado de antisemitismo, intolerancia, irresponsabilidade e falta de respecto á liberdade de expresión, de conciencia e de opinión, entrometéndose de xeito orweliano na vida privada dun militante.
A Asociación Galega de Amizade con Israel esixe unha rectificación inmediata por parte da Dirección Nacional do Bloque Nacionalista Galego.
A Asociación Galega de Amizade con Israel se pregunta cal é o futuro dos militantes do BNG que son á vez socios e socias de AGAI e emplaza a Anxo Quintana a que explique públicamente se un xudeo pode ser militante do BNG ou non.
Por último, a Asociación Galega de Amizade con Israel reitera a súa firme intención de acudir á xustiza ordinaria para reparar esta violación dos máis elementais dereitos democráticos e constitucionais.
Vigo 28 de Abril de 2008
Comentarios