AUSCHWITZ-FISTERRA


Auschwitz é a fin da terra.

Cando camiñamos pola inmensidade desta embaixada do inferno, monumento á Memoria negra da Humanidade, bordeamos todos os límites do normal, da decencia, da realidade, do mundo.

Non hai comprensión posíbel para Auschwitz. Ninguén que milite na súa condición humana pode comprender, explicar ou contar Auschwitz. Porque Auschwitz, é a fin da terra.

Comentarios