BLASFEMIAS

Perwiz Kambakhsh foi levado a un dos centros de detención de Mazar-e Sharif (Afganistán), como o que podes ver na fofografía. O delicto deste mozo de 23 anos foi distribuir na Universidade de Kabul uns artigos tirados de internet que analizaban o papel da muller no islam. Ese é o único motivo polo cal foi condenado a morte. Ainda que en Afganistán a liberdade de expresión está formalmente recoñecida pola Constitución, foi declarado culpábel en virtude das "leis sobre a blasfemia". Desde Amnistía Internacional comezaron unha campaña mundial de axuda a Perwiz. Asina esta carta. Todos nós somos a súa derradeira esperanza.

Comentarios