AMOS OZ: A ESQUERDA PODE VOLVER AO PODER NAS PRÓXIMAS ELECCIÓNS


Amos Oz: A esquerda pode volver ao poder nas próximas eleccións
Mazal Mualem - Haaretz

A esquerda israelí ten a oportunidade de gañar as próximas eleccións xerais, dixo o escritor israelí Amos Oz aos concorrente ao mitin en favor de Haim Oron, que se presenta como candidato para a presidencia do partido Meretz. Oz manifestou que o maior desafío que enfronta a esquerda é convencer á xente que hai unha vinculación directa entre a ocupación e a pobreza en Israel. "A pobreza está crecendo no país. Temos un país empobrecido indo de Gadera ao sur e de Hadera ao norte. O noso verdadeiro inimigo non é a dereita, é o cansazo e a desesperación, a sensación de que non hai nada que poidamos facer", manifestou Oz. Oz agregou que "cada vez máis israelís están hastiados coa dereita, os asentamentos, e chegaron á conclusión que xa é suficiente". Respecto dos palestinos, Oz aseverou que na actualidade hai dúas entidades palestinas en formación, unha na Marxe Occidental e outra en Gaza, e que Israel debe chegar a un acordo de paz con ambas. O laureado co Premio Israel, tamén dirixiu unha dura crítica ao Ministro de Defensa e presidente do Parido Laborista, Ehud Barak, de quen dixo que "abandonou a ilusión da paz". Oz agregou que Barak está completamente despreocupado cos problemas sociais en Israel e cualificou ao partido Laborista como "unha entidade política colapsada".

Publicado no xornal Haaretz (9/3/2008)

Comentarios