MATAR AO MENSAXEIRO


"Matar ao mensaxeiro" Este entrañable dito popular utilízase no sentido de acusar a unha persoa que da unha mala noticia de ser a orixe ou a causa dos males que conta. Trátase dun costume ancestral-popular, referida xa nos máis antigos libros antigos. O portador de malas noticias era castigado e sometido a escarnio público. En ocasións, aforcábase ao mensaxeiro ou se lle cortaba a lingua ou a cabeza. En Grecia e Roma continuou tan desafortunada tradición. Durante a Idade Media era moi frecuente azoutar aos mensaxeiros que traían desagradábeis novas. Pola contra, o mensaxeiro que portaba boasnovas era agasallado e tratado con honras. Os tempos seica non teñen mudado...

Comentarios