ISRAEL, OS GAYS E A PRENSA


Por Damián Stiglitz

O pasado martes 12 de febreiro a Axencia Xudía de Noticias informou que Israel tomou a decisión de autorizar a adopción de fillos por parte de parellas gai. Efectivamente, a xustiza israelí recoñeceu formalmente a adopción de nenos por parellas de homosexuais. A partir de agora, en Israel os gais e lesbianas non só están autorizados a adoptar aos fillos biolóxicos do compañeiro do mesmo sexo, senón tamén a adoptar outros nenos. Esta foi unha decisión histórica que responde a unha petición da asociación Nova Familia para que o Ministerio do Interior recoñeza a adopción dun neno por dous pais homosexuais (gais ou lesbianas). Este dereito que Israel lle concede a parellas homosexuais, a adopción de fillos, ate agora era recoñecido en tan só sete países, seis deles europeos: Bélxica, Holanda, Suecia, España, Islandia e o Reino Unido e en Sudáfrica. A adopción para parellas gai tamén é recoñecida -a nivel rexional- en certos territorios de Canadá e Estados Unidos. Dinamarca, Francia, Alemaña e Noruega permiten a adopción do fillo do outro membro dunha parella de feito ou unión civil. Esta non é a primeira medida que tomou Israel en defensa da diversidade sexual. Israel é o primeiro e único país do mundo en recoñecer o matrimonio homosexual contraído no estranxeiro. Que significa isto? Israel é o único Estado no mundo que recoñece os matrimonios homosexuais contraídos noutro país. Por exemplo, se unha parella homosexual casa en Holanda, Canadá, Sudáfrica, España ou Bélxica e regresa a Israel, o seu matrimonio será recoñecido polo Estado, cousa que en ningún outro país do mundo sucede (excepto, loxicamente, neses cinco estados que xa aprobaron o matrimonio gai). Esta lei foi aprobada o 21 de novembro de 2006 pola Suprema Corte Israelí. Ademais, desde 1994 existe a unión civil para parellas do mesmo sexo en todo o Estado de Israel. A unión civil foi aprobada en tan só vinte e dous países e nas algunhas rexións de Estados Unidos, México e Arxentina (Capital Federal, Provincia de Río Negro e, moi recentemente, na cidade de Villa Carlos Paz). Por máis criticables que poidan ser algunhas políticas do goberno israelí non se pode deixar de recoñecer e aplaudir este xesto de Israel para coa comunidade homosexual defendendo a diversidade sexual. Mentres en Irán os gais son executados e colgados pola súa condición sexual e, en palabras do seu presidente, "non hai homosexuais en Irán", en Israel as parellas gai poden realizar a unión civil, contraer matrimonio no estranxeiro co recoñecemento do Estado e, a partir de agora, adoptar fillos.

Israel e a prensa

É curioso que nin a prensa local nin a prensa internacional (en fala hispana) fagan mención algunha desta decisión da xustiza israelí. Cando en España se aprobou esta mesma medida, en 2004, os medios locais e internacionais déronlle bastante relevancia á noticia. Ate tal punto que en varios xornais foi publicada na portada e todos déronlle un espazo considerable á noticia. Cando se aprobou a adopción noutros países como Bélxica e Inglaterra, a prensa local tamén lle deu espazo considerable. Agora que Israel tomou exactamente a mesma medida, a noticia non foi publicada en practicamente ningún medio de fala hispana. Nin sequera saíu nunha columna de dúas liñas. É moi curioso porque, en xeral, os medios locais e internacionais danlle moita prensa a Israel. Pero agora que se trata dun avance histórico en materia de dereitos humanos (diversidade sexual) a noticia non tivo ningunha repercusión mediática.

Tirado de LA VOZ JOVEN

Comentarios