66 CABODANO DO AFUNDIMENTO DO "STRUMA".


O 23 de febreiro de 1942, setecentos sesenta e oito xudeus faleceron no afundimento do Struma

Hai 66 anos, o 23 de febreiro de 1942, foi torpedeado o Struma, un barco con 769 xudeus a bordo, que intentaba fuxir do exterminio nazi en Europa. O Struma partiu o 12 de decembro de 1941 do porto romanés de Constanta, porque moitos xudeus presenciaran as masacres de Besarabia e Bukovina. A primeira escala forzosa foi Istambul (Turquía) debido ás precarias condicións da nave. Os turcos non permitiron o desembarco dos pasaxeiros, que ficaron confinados na barco durante 10 semanas. Tampouco se lles permitiu ser transferidos a un campo de refuxiados e o Imperio Británico prohibiu a súa entrada en Israel, porque contradicía a súa política do Libro Branco de 1939. Sen alimentos, sen auga, as autoridades turcas remolcaron a vella nave a mar aberto e un submarino soviético, crendo que era unha nave alemá, torpedeou o barco. Dos 769 xudeus da nave, só un sobreviviu ao afundimento.

Comentarios