UNHA ESTRELA AMARELA


Por Raphaël Sorin
Artigo publicado no xornal Liberation
(06.12.2007)

Os seis millóns de xudeus asasinados na Shoá tiñan nomes, caras e cada un, a súa propia historia. Eliximos a historia de Hélène Berr e tamén o artigo "Une etoile jaune pour Hélène Berr", publicado por Raphaël Sorin no diario francés Liberation, o pasado día 6 de decembro, para recordar o aniversario da chegada do Exército Vermello a Auschwitz.
Heléne Berr naceu en 1921, era filla de Antoinette Rodrígues-Ely e de Raymond Berr. Apresados polos nazis foron enviados a Auschwitz onde a súa nai morreu asasinada inmediatamente á súa chegada, o pai morreu envelenado por un médico na enfermería do campo, en setembro de 1944. Hélène foi enviada desde Auschwitz na marcha da morte a Bergen Belsen onde morreu en abril de 1945, pouco antes da chegada das tropas británicas. As páxinas deste diario foron escritas por Hélène ao seu noivo e entregoullas á cociñeira da familia, Andrée para que as gardase. Era unha moza francesa e xudía, nacida en París en 1921, morta en Bergen-Belsen, en abril de 1945. Os seus pais foron deportados con ela e morreron en xullo e setembro de 1944. Vostedes recordarán o seu nome, Hélène Berr, porque Tallandier publicou o seu Diario en xaneiro pasado, cun prefacio de Patrick Modiano, e que foi un acontecemento na última Feira de Francfort. O Diario comezou o sete de abril de 1942 cando ela volve á súa casa, no 40 da rúa de Villejust. Un paquete esperábaa; é un libro dedicado, cunha escritura moi neta, en tinta negra: «Ao espertar, tan doce é a luz, tan belo ese azul tan vivo? Non se saberá nunca de que trataba o libro. E o Diario detense en Drancy o 15 de febreiro de 1944 sobre as últimas palabras que pronuncia Kurtz, o heroe do "No corazón das tebras" de Conrad: «Horror ! Horror ! Horror !» Entre estes dous datos, acompañamos a esta moi brillante anglicista que vai da rúa Soufflot ao boulevard Saint-Germain, le Thomas Hardy ou Elizabeth Goudge, cita a Shelley e a Shakespeare. Ela topa un «raparigo de ollos grises», Jean Morawiecki. Escoitan a Bach e Mozart e comprométense. O primeiro de xuño de 1942, a nai de Hélène comunícalle «a nova da estrela amarela». A súa reacción, é tan forte que impide todo comentario. É suficiente citala: «O de Mme Jourdan, atopeime (?)conque nós discutimos a cuestión do distintivo (a estrela amarela) Nese momento, eu decidira que non a levaría. Considerábaa coma unha infamia e unha proba de obediencia aos alemáns. Esta tarde, todo cambiou de novo: acho que é unha covardía que non debo cometer, vendo a aqueles que o fixeron. Só, quero ser sempre moi elegante e moi digna, para que a xente vexa que é isto. Quero facer a cousa máis valente. Esta tarde, creo que a debo usar.» Velaquí o que ela escribiu oito horas máis tarde: «O meu Deus, nunca crin que sería tan duro. tiven moito coraxe todo o día. Levei a cabeza alta, e mirei ben á xente na cara e aos ollos. Pero iso é duro. Por outra banda, a maioría da xente non mira. O máis penoso, é topar á outras persoas que a teñen.» As outras persoas que a teñen. . . Teño ante os ollos dúas fotografías. Un neno tranquilo, cunha estrela cosida sobre a súa blusa negra. Un ancián esgotado, cun gran abrigo que ten cosida a mesma estrela infamante. O primeiro é Lucien Ginsburg quen, máis tarde, asinará como Serge Gainsbourg un disco, "Malas noticias das estrelas". O segundo era Max Jacob quen se foi logo dun último poema: "Antes ninguén me miraba na rúa, agora os nenos búrlanse da miña estrela amarela. ¡Feliz sapo! ti non tes estrela amarela".

Comentarios