TÓPICOS E DEMAGOXIA BARATA decembro 26, 2007 Obter ligazón Facebook X Pinterest Correo electrónico Outras aplicacións Tópicos, lugares comúns e demagoxia, moita e pobre demagoxia é o que podemos escoitar nesta intervención do camarada Paco Rodríguez (UPG) na tribuna do Parlamento español. É lamentábel que alguén que exerce como deputado se poida despachar con tanta lixeireza nun exercicio pobre de oratoria rancia e trasnoitada. Nada por suposto sorprendente no camarada. Porque máis alá de descoñecer onde, en que organismo do BNG se decidiu que o BNG apoiaba a carreira nuclear iraniana, máis alá diso, a linguaxe é compartida no discurso con parte da paleoesquerda sexa esta europea, española ou galega. Comentarios J. dixo… "...el desarme de Hezbolá es un problema interno del Líbano", dixo iso? Son o único que o escoitou? Este home realmente crerá o que dí? Nati dixo… dixo dixo... iso e máis.. porque iso da neutralidade activa tendo en conta quenes son as vítimas.. é unha noción da neutralidade que eu descoñecía.. Anónimo dixo… Que simple. Que contradictorio. Contra Israel o BNG non é pacifista. Israel "é un pobo agresivo". Gostariame saber como serías ti, si nos pasaran por campos de exterminio a nós, os galegos-as. E recuperada a nosa Patria que nos caíran dende España nos caíran 100 misiles o mes. César Xoán Salgado dixo… Patético. Menos mal que deixa o aparlamento.
Comentarios
César