Autor: David Meir-Levi
Prologo: David Horowitz
Páxs.: 116
Formato: 150 x 220 mm
PVP: 10.50 euros (iva incl.)
Libro editado en portugués (non existe traducción ao español)
«A Guerra no Oriente Medio dura xa perto de sesenta anos. Hoxe, moitas persoas non están xa familiarizadas co súa historia e orixes e non teñen sequera coñecemento dos feitos. Este estado de ignorancia é terreo fértil para quen, sen escrúpulos, forxa mitos para xustificar políticas destrutivas. A máquina de propaganda creou moitos destes mitos para inflamar a súa guerra contra o Estado Xudeu. Israel é a única democracia que no Oriente Medio, elixe os seus gobernantes en sufraxio libre, a única que garante dereitos aos seus cidadáns e respecta eses dereitos. Mais sen embargo, Israel é a diana permanente de quen di loitar polos "dereitos humanos". Cerca de un millón e medio de árabes viven como cidadáns en Israel, elixindo os seus representantes no Parlamento israeli e gozando de máis dereitos do que calquera cidadan árabe de calquera Estado árabe. Non entanto, Israel é a diana permanente de quen di loitar pola "xustiza social". A propia creación do Estado de Israel é referida polos seus inimigos árabes como "a Nakba", isto é, a "catástrofe", estando nisto implícito que Israel non deberia existir. Sen embargo, Israel é a diana permanente de quen di apoiar a autodeterminación dos pobos e condenar o xenocídio. Israel foi vítima, desde a súa primeira hora, dunha agresión, que non provocou, por parte de cinco monarquias e ditaduras árabes; e ten sido vítima dunha guerra árabe que se prolonga ininterruptamente vai xa cerca de sesenta anos porque os Estados árabes se negan a facer a paz. Mais Israel é a diana permanente de quen di desexar "a paz". Israel é vítima de ataques terroristas, coma os dos homes suicidas que, xuntamente cos xudeus que eles queren aniquilar, matan igualmente mulleres e cativos palestinos. Sen embargo, Israel é a diana permanente de quen di defender a humanidade e un futuro "libre". Como é isto posíbel? Como pode a falsedade vestirse coa toga da xustiza? Como pode unha guerra de xenocídio para destruir un pobo democrático ser desculpada como loita pola "libertación nacional"? E, sen embargo, eles así o fan – através da creación de mitos políticos que racionalizan a agresión e xustifican a guerra contra a poboación civil. Na novela premonitoria de George Orwell, 1984, o Ministro da Verdade do Estado totalitario proclama: "O Coñecemento é Ignorancia, a Liberdade é Escravitude". A natureza do cinismo político non muda, o seu fito é sempre o mesmo: a obliteración da memoria histórica, ao servizo do poder. "O combate do home contra o poder", escrebeu o autor checo Milan Kundera, "é o combate da memoria contra o esquecemento". Só a reposición da memoria pode destruir os mitos. O texto de David Meir-Levi recupera a memoria dos feitos que están no cerne do conflito no Oriente Medio . Estes feitos son cruciais, non apenas para a reposición da historia que a política obscureceu, mais tamén para a sobrevivencia de un pobo que vive no pesadelo da súa propia destrución. Calquera persoa interesada na xustiza quererá ler este pequeno libro.»David Horowitz* * *David Meir-Levi, israeli nado nos Estados Unidos da América. É doutor pola John Hopkins University e licenciado en Estudos Sobre o Próximo Oriente pola Brandeis University. Ensinou Arqueoloxia e Historia do Próximo Oriente na Universidade Hebrea de Jerusalém e na Universidade de Tel Aviv, nos anos 60 e 70, altura en que serviu no exército israeli. Meir-Levi é Director de Investigación e Educación da Israel Peace Iniciative (IPI), unha organización non lucrativa da rexión da Baía de San Francisco destinada a esclarecer ao público americano sobre a historia do conflito israelo-árabe.
Máis información sobre a editorial Via Occidentalis
Comentarios