Olla esta fermosa sorrisa...
O New York Times ten unha sinopse da película “Hot House” (A Casa Quente) que entra nas prisións israelíes e examina as vidas dos prisioneiros palestinos encarcelados nelas. Non lles recomendamos nin a película, nin a sinopse sequiera, mais quixeramos que compartan os nosos sentimentos cando vexan a sorrinte cara fiminina que adorna l artigo en referencia e que poden ver máis arriba. Como a película foi feita por HBO, é de supor que a publicidade escolleu a faciana sorrinte desta rapaza para publicitar a película. Pero esta rapaza é a asasina da nosa filla. Foi condenada a 16 cadeas perpetuas ou 320 anos que debe cumprir nunha prisión israelí. Quince persoas asasinadas e máis de cen feridos e mutilados é a facaña desta sorrinte asasina e os seus colaboradores. O ocurrido non aparece nin no New York Times nin na película de HBO. Non dan nin un minuto de atención ao bárbaro feito do bombardeo da Pizería Sbarro en Jerusalém e/ou as vidas das súas vítimas. Agradecerémolles enormemente que sexan Vostedes quen conte ao seus amigos o sitio http://www.kerenmalki.org/photo.htm onde verán algunhas fotos da miña filla MALKI que non puido traspasar os seus quince anos de idade, porque Hamas así o decidiu e esta sorrinte muller que aparece no artigo do New York Times complementou, asasinándoa. Menos xente vai ver a cara da miña filla, que os que verán a faciana da súa asasina, a sorrinte rapaza que aparece no artigo e que o ano pasado dixo: “Non me arrepinto polo que fixen. Axiña veremos o fin da ocupación e eu me liberarei desta prisión”. Con tantos pedendo que Israel libere aos concenados por actos indiscriminados de terrorismo prisioneiros, non é unha milagre que esta asasina estea sorrindo.
Saúdos desde Jerusalén,
Frimet and Arnold Roth
No nome da nosa filla Karen Malki Z”L
Ser vítima do terrorismo non responde a ningunha razón. É unha das cousas menos lóxicas que lle poden ocurrir a unha persoa. Nos convertemos en vítimas a causa da ira de outros, da guerra de outros, pola escala de valores de outros, pola relixión de outros. Non damos o noso consentimento para que nos convertan en vítimas. Ninguén nos pediu que consideremos o punto de vista de esas outras persoas, nin sequiera fomos advertidos. Nos convertiron en vítimas en contra da nosa vontade. Por sorpresa. Sen que poidiéramos prepararnos. TESTEMUÑOS Case 650 civis morerron en Israel en atentados nos últimos tres anos OUTRAS VÍTIMAS
Comentarios