MEMORIA HISTÓRICA



A Asociación Infomedio, a Agrupación de Periodistas da FCT-CC.OO. e a Fundación Sindical de Estudios organizan a Proxección da película-documental “Madrid before Hanita” do director israelí Eran Torbiner. “Madrid before Hanita” describe a participación de xudeus chegados de Palestina nas Brigadas Internacionais, durante a Guerra Civil española.
Presentación:
Rodolfo Benito, Presidente Fundación Sindical de Estudios
Blanca Soto, Fundadora de Infomedio
Carmen Rivas, responsábel Agrupación de Periodistas da FCT - CC.OO.
Interveñen:
Eran Torbiner, Director de cine
Emilio Silva Barrera, Presidente Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica
Daniel Olmos Fraile, Secretario Internacional FCT de CC.OO.
Modera:
Elvira S. Llopis, Vicepresidenta Fundación Sindical Estudios.
Xoves 18 de outubro de 2007 ás 19:00 h
Entrada libre
Salón de Actos do centro “Abogados de Atocha”
C/ Sebastián Herrera 14, 2ª planta
28012 Madrid
Sinopse:
Cando estourou a Guerra Civil en 1936, máis de 300 xudíos chegados de Palestina deixaron a súa terra natal para combater o fascismo uníndose ás Brigadas Internacionais. A maioría deles eran xudíos comunistas que crían que o fascismo era o principal enemigo da humanidade en xeral e dos xudeus en particular. O tomar a decisión de alistarse, os voluntarios de Palestina tiveron que enfrontarse aos líderes do movemento sionista, aos seus colegas do Partido Comunista, e finalmente aos seus propios familiares que non entendían a urxencia de combater nunha guerra tan lonxana. Esta película-documental inclúe entrevistas cos últimos superviventes e coas súas familias, así como extractos das súas cartas e diarios da época, que reflicten as súas complexas relacións coa sociedade española e os seus soños, anhelos, esperanzas e derrotas.
Descarga AQUÍ o convite.

Comentarios