A vida dun neno xudeu na Budapest ocupada polos nazis
O vindeiro 22 de outubro ás 20:00 horas e organizada por AGAI, terá lugar no salón de actos do Clube Internacional de Prensa de Compostela, unha conferencia do profesor e sobrevivente da Shoá, Jaime Vándor*.
---------------------------------------------------
*Jaime Vándor Koppel, profesor, ensaísta e poeta. Naceu en Viena en 1933, refuxiado en Budapest en 1939, sobrevive en Hungría ás persecucións dos xudeus e a IIª Guerra Mundial. Doutor en Filosofía e Letras pola Universitat de Barcelona, en cuxa Sección de Filoloxía Semítica deu clases de Lingua e Literatura Hebrea e Historia do Xudaísmo Moderno e Contemporáneo, desde l958 ate a súa xubilación en 2003. Fundador da Associació de Relacions Culturals Catalunya-Israel (A.R.C.C.I.). (l979). Chanceler do Consulado de Israel en Barcelona en 1994, Cónsul Honorario en funcións durante 1997.
Pequena escolma de textos de Jaime Vándor:
Inercia (Descargar aquí)
Xerusalén: unha e múltiple (Descargar aquí)
Comentarios