ACTOS EN ISRAEL Á MEMORIA DO "CHE"


Desde o pasado 8 de outubro desenvólvense en Israel unha serie de actos con motivo do 40 aniversario do asasinato do "Che" Guevara. O Partido Comunista de Israel e as súas mocidades realizaron esta semana debates nas cidades de Tel-Aviv e Haifa. Na proxima semana terá lugar outro en Jerusalen. Para principios do mes proximo, esta previsto un acto en Tel-Aviv, en español, para a comunidade xudía de orixe latinoamericana. O proximo fin de semana inaugurásese unha exposion de pinturas en homenaxe ao Che no kibbutz "Nir Oz" no Negev e paralelamente un simposio. Este 40 aniversario tivo moitisimo eco na prensa israelí. Nos medios de comunicacion propios do PC: o matutino en arabe Al-Itijad, o semanario en hebreo Zu Haderej e no bi-semanario para a mocidade Kol HaNoar publicáronse senllos artigos sobre o "Che" e a súa experiencia revolucionaria. Tamén xornais como Haartez, Iediot Ajaronot e Maariv, as principais emisoras de radio, os portais de informacion en Internet, e as canles 2, 10 e 11 dedicaron amplos espazos ao "Che", coa participacion de militantes comunistas. Nestes dias tamén publícase a cuarta edicion do libro en hebreo "Che Guevara - Vida dun revolucionario", escrita polo hisytórico militante comunista Efraim Davidi e comezou a venda, con gran exito, da version hebrea de "Biografia a dúas voces" de Fidel Castro e Ignacio Ramonet.

Comentarios

Anónimo dixo…
Saberão os admiradores israelitas do Che que ele se opôs à entrada da Argentina na guerra contra o III Reich porque afirmava que o verdadeiro inimigo eram os USA ???