SE ISTO É UN HOME

"Algúns dos meus amigos, amigos moi queridos, non falan nunca de Auschwitz […] Outras persoas, en cambio, falan de Auschwitz incesantemente, e eu son unha delas […] despois empecei a escribir a máquina pola noite… escribía todas as noites o cal era considerado algo aínda máis insensato".
Primo Levi "escribe aquilo que non sabería dicir a ninguén", e o texto, inicialmente bosquexado durante o cativerio -cuxa mesma conservación facía perigar a vida do autor de ser descuberto- plasma a existencia nos Lager cunha concisión estremecedora. Estruturado en 17 capítulos, o libro é a crónica do horror cotián, das privacións como estado habitual, da tristeira espera da nada arraigada nunha iniquidade sen estridencias. Máis alá das propias reflexións, Levi presta especial atención ao comportamento dos outros prisioneiros, ocupados tamén en sobrevivir un día máis, e outro e outro. Todos conviven nunha inercia dolorosa e absurda coa tentación da inactividade como antesala da morte; a morte é unha presenza constante, a miúdo indiferente, corolario dunha cotidianidade rexida por un sistema de irracionais normas non escritas. Como advirte Levi, moi pronto os prisioneiros son convertidos en "peleles miserables e sórdidos", e máis baixo non podíase chegar.
Podes descargar AQUÍ o libro completo na súa edición en español en formato pdf

Comentarios